POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

30 jun. 2012

SOL Á SOMBRA / SOL A LA SOMBRA







Por entre as follas
á sombra da figueira
bicos de Sol.








                                   Entre las hojas
                                   a la sombra de la higuera
                                   besos de Sol.


5 comentarios:

Eutimos dijo...

¡Que agradables y dulces son esos besos de sol a la sombra de las higueras!, has dado con la imagen perfecta, como siempre.

Madoé dijo...

Pensaba que eran bicos exclusivos para min. Así que D. Sol fai igual con todas... :-(

eutimos dijo...

Si, el sol es demasiado hermoso para que lo goce solo una mujer.

rascacheiro dijo...

PRECIOSO HAIKU! E iso que xa sabes que as figueiras non son as miñas preferidas... jejeje

Madoé dijo...

Si, xa mo dixeches moitas veces, ja ja ja