POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

22 jun. 2012

O MEU GATO / MI GATO


Acabo de enterralo. Tería un mes cando o atopei chorando no xardín. Deille cariño, comida e berce. Chameille Bicho, pero non honrou o seu nome: compartía almorzo cos paxaros, as toupas minaban a horta tranquilamente e os ratos divertíanse xogando con el ás agachadas. Onte á noitiña, vendo onde se escondía un ratiño, collino no colo e aproximeino ó burato. O pobre roedor defendeuse cun berro estridente e o valente do meu gato fuxiu das miñas mans coma un lóstrego, arrepiado. O coche do veciño machucoulle de golpe as súas sete vidas. Síntome culpable.



Acabo de enterrarlo. Tendría un mes cuando lo encontré llorando en el jardín. Le di cariño, comida y cama. Lo llamé Bicho pero no hizo honor a su nombre: compartía el pienso con los pájaros, los topos minaban la finca a sus anchas y los ratones jugaban a esquivarlo. A noche,  viendo donde se escondía un ratoncillo, lo llevé en brazos hasta él.  Este salió chillando y mi valiente gato huyó despavorido. El coche del vecino le aplastó de golpe sus siete vidas. Me siento culpable.



4 comentarios:

Eutimos dijo...

¡Pobrecito!, es que hoy día no se puede ser tan bueno.

suaseiras dijo...

Que dis!?
A saber cantas vidas teria xa vencidas,si, dan peniña.

Madoé dijo...

Todo mentira. Isto tamén é conto. Bueno, hai pinceladas reais: hai anos, recollemos un gatiño que andaba perdido polo xardín, tivemos un gato que se chamaba Bicho, tivemos outro que lle tiña medo ós ratos... Pero o da foto, a da foto, é Princesa e sigue viviña. Esta tampouco caza ratos, gústanlle máis os paxaros. Rascacheira, non leas isto... ja ja ja.

rascacheiro dijo...

POIS xa o lin!!!!!!!!!!!!!!! E non me gustou nada cando o lin, menos mal que leo agora estes comentarios e vexo que "teatrooo... la vida es puro teatroooo... !!!! MENOS MAL!!!