POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

5 jun. 2012

PENA DOBRE/ PENA DOBLE (IN MEMORIAM)



A primeira vez que se viu no espello coas gafas novas, horrorizouse: “¡Que vella, se parezo a tía Carme!”. Desde entón, evita mirarse en calquera superficie puída que poida reflectir a súa cara. Pero hoxe, despois de ducharse, co cabelo mollado e retirado da fronte, sen pensalo, coloca as gafas e queda abraiada: no vidro, lixeiramente toldado, aparece a faciana da irmá de seu pai, coas pálpebras caídas, peiteada cara atrás coma toda a vida; aquela que sempre lle facía lembrar o moito que se asemellaban. Os seus xestos provocan na imaxe torpes acenos que pretenden imitalos. Intenta, inutilmente, controlar un tremor repentino da súa man esquerda. Asustada, tira os lentes e comeza a vestirse. Antes de rematar, soa o móbil: a tía Carme, a que padecía párkinson, acaba de falecer.

"Mujer en el espejo" (Picasso)







La primera vez que se vio en el espejo con las gafas nuevas, se horrorizó: “¡Qué vieja, si parezco la tía Carmen!”. Desde entonces, evita mirase en cualquier superficie pulida que pueda reflejar su cara. Pero hoy, después de ducharse, con el cabello mojado y retirado de la frente, sin pensarlo, se coloca las gafas y queda estupefacta: en el cristal, ligeramente empañado, aparece el rostro de la hermana de su padre, con sus párpados caídos, peinada hacia atrás como toda la vida; aquella que siempre le recordaba lo mucho que se parecían. Sus gestos provocan en la imagen torpes muecas que pretenden imitarlos. Intenta, inútilmente, controlar un temblor repentino de su mano izquierda. Asustada, tira las lentes y empieza a vestirse. Antes de terminar, suena el móvil: la tía Carmen, la que padecía párkinson, acaba de fallecer.



8 comentarios:

Eutimos dijo...

¡Estupendo!, en este caso el final es de los que a mi me gustan, inesperado y al mismo tiempo coherente con la historia previa. En tan cortas líneas has trazado todo un relato de los que hacen pensar con esa identificación/transmigración última.

Madoé dijo...

Bueno..., como tantas veces, o comentario revaloriza o texto. Grazas.

Anónimo dijo...

Non teño moito tempo pero, de vez en cando, gústame sentarme ao carón das miñas fillas e lerte un pouco. Hoxe, despois de ler esta entrada, recordo máis ca nunca os nosos tempos pasados e sinto unha enorme morriña.
Non te canses de escribir. Un bico e un abrazo da túa amiga Lola.

Madoé dijo...

¡Que alegría tan grande acabo de levar con este anónimo de Lola! E que oportuno, que por veces éntrame sentido do ridículo e penso se estarei facendo ben.
Como hai máis dunha Lola na miña vida, (ja ja ja...) dubidei un pouco cal delas sería, pero creo que non pode ser outra ca Lola G. B.
Un feixe de grazas e unha aperta.

Anónimo dijo...

Efectivamente, son Lola G.B. De facer o ridículo NADA. Ti segue escribindo que unha servidora seguirate lendo.
Bicos.

Madoé dijo...

¡Ohhhh! Agora mesmo non sei cal destes sentimentos me ocupa en maior medida: a sorpresa, a alegría ou o agradecemento. Mentres o discurro, vou ver se podo ir cerrando a boca...

suaseiras dijo...

Xa ves, isto é un pano...;))

Madoé dijo...

Sí, cada vez o mundo é máis pequeno.