POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

31 may 2012

HOTEL, CUTRE HOTEL

(Imaxe baixada de internet)


Ambientador
máis hotel sen estrela
comparten penas.
Non tapan cen perfumes
a merda do ruído





Ambientador
más hotel sin estrella
comparten penas.
No tapan cien perfumes
la mierda del ruido.

3 comentarios:

Eutimos dijo...

Bueno, le llevo leyendo varias veces,no sé si encierra alguna metáfora que no capto o sólo es una alegato contra los alojamientos junto a un a las carreteras que son realmente incómodos

Edita Nogueira Tallón dijo...

Pois é sinal de que está moi mal escrito: os haikus (aínda que este non é un haiku senón un tanka) teñen que ser clariños, non deben ser metafóricos, xa sabes. Por iso o de "haikus á galega", para xustificar a improcedencia.
Bueno, o que pretendía expresar era a peste dun ambientador insoportable nun hotel cativo (o da foto, precisamente) que, xunto co ruído típico dos hoteis, impediunos pegar ollo. Neste caso, non era hotel de carretera, pero como se o fose...

eutimos dijo...

Ja, ja, lo del ambientador es inversamente proporcional al confort del establecimiento, sea de la índole que sea. Porque en algunas tiendas de ropa...