POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

1 feb 2012

MARCHA ATRÁS

Hoxe, cuspindo fracasos, emprendeu a viaxe de volta co único propósito de chegar ó punto de partida e descubrir cal fora o erro.


(Imaxe baixada de internet)





Hoy, escupiendo fracasos, ha emprendido el viaje de vuelta con el único propósito de llegar al punto de partida y descubrir dónde estuvo el error.

4 comentarios:

Eutimos dijo...

¿De verdad se puede volver al punto de partida?. Yo no lo creo, pero sí creo que se puede rectificar el trayecto sobre la marcha.

suaseiras dijo...

Non creo que fora o único propósito...
Tampouco creo necesario ir ao punto de partida para descubrir o erro.
Non estou nada crente hoxe!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Eu tampouco creo que se poida ir realmente, físicamente, exactamente ó punto de partida; pero si metaforicamente, coa imaxinación, coa reflexión..., e si descubrir onde fallamos, se cadra...

suaseiras dijo...

Totalmente de acordo.