POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

10 feb. 2012

MALTRATADOR PRECOZ


Imaxe baixada de internet


Na gardaría, xa arrincaba cabezas de bonecas.



En la guardería, ya arrancaba cabezas de muñecas.

10 comentarios:

Eutimos dijo...

No supo, no pudo, expresar de otra forma el horror que se vivía en su hogar. Nadie supo, nadie pudo escucharle.

Madoé dijo...

Seguramente. Ou, se cadra, o que non vivía e que debería vivir na súa casa, precisamente, e non nun aparcadoiro de nenos????

suaseiras dijo...

AHHHHHHHHHH!!!!!!!!!

Rascacheira dijo...

De verdade sempre está o ambiente detrás dun maltratador?

Madoé dijo...

Supoño que será un conxunto de circunstancias: a familia, os xenes, o ambiente... Coma todo.

eutimos dijo...

Hay estudios que hablan de componentes genéticos, pero el trastorno de personalidad como psicopatía solo se debe diagnosticar en la edad adulta. En el niño hay que prestar mucha atención al ambiente y entorno ya que él se manifiesta más facilmente por conductas que verbalmente y la conducta destructiva encubre en muchos casos la impotencia y desesperación ante lo inevitable que le daña. A veces también se tratade una depresión infantil que no se expresa como la del adulto. A mi el mini relato y la imgen ilustrativa me hicieron pensar en un niño muy desgraciado de verdad

Madoé dijo...

Sigo sorprendéndome dos comentarios tan ricos que saen de catro palabras mal escritas dun mini relato. Grazas.

rascacheiro dijo...

Pois a min ese neno dáme medo.

Madoé dijo...

Tranquila que non é de verdade, é un conto!

rascacheiro dijo...

Que va, que va!!! A putada é que ás veces non é un conto...