POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

25 feb. 2012

DECLARACIÓN FORZOSA

Seguíaa torturando o eterno dilema: esparexer a súa tenrura nunha extensa carta ou publicala ó mundo enteiro cunhas escasas palabras no Twitter. Se escollía a primeira opción, arriscábase a que a persoa destinataria, abraiada se cadra, desbotase a misiva coa súa declaración; se se decidía pola segunda, sería como espirse nun escaparate. A ministra, tan afeita como estaba a expoñerse publicamente, non se atrevía, en cambio, a deixar ó aire o seu corazón. Pero, desde aquel congreso en Berlín, a lembranza permanente de Angela impedíalle concentrarse. Non podía seguir así, polo seu país...



(Imaxe baixada de internet)
La seguía torturando el eterno dilema: esparramar su ternura en una extensa carta o publicarla a los cuatro vientos con unas escuetas palabras en el Twitter. Si elegía la primera opción, se arriesgaba a que la persona destinataria, estupefacta tal vez, desechara la misiva con su declaración; si se decidía por la segunda, sería como desnudarse en un escaparate. La ministra, tan acostumbrada como estaba a exponerse públicamente, no se atrevía, en cambio, a dejar al aire su corazón. Pero, desde aquel congreso en Berlín, el recuerdo permanente de Angela le impedía concentrarse. No podía seguir así, por su país...

4 comentarios:

Eutimos dijo...

Ja, Ja, si Ángela es la que supongo, no me la imagino objeto para despertar la ternura de nadie, pero...ya se sabe, "el corazón tiene razones que la tazón no entiende", y yo, de ella, elegiría el twitter, es más "comunitario"

Madoé dijo...

Si, é a que ti imaxinas. Ti sabes mellor ca ninguén que hai xente moi rara...
¡Que gracia o de "comunitario"! Tes razón, voulle aconsellar que use o twitter, ja ja ja.

suaseiras dijo...

Hai que ter imaxinación para sacar un contiño así...Ufff!!!!
De paso que lle aconsellas o de twitter, que por favor, polos seus países respectivos, que se vaian a outro mundo, fóra do planeta Terra a disfrutar do seu romance.
Xa sei que se o consello fora adiante, podería chegar a ser un conflito para as vidas doutros planetas... Mellor esquece o conto, hai que pensar noutra estratexia menos arriscada.

Madoé dijo...

Ja ja ja. Pois pensa, pensa...