para que non nacesen
os paxariños.
Non os comerá o gato.
Misión cumprida. Súa.
![]() |
(Imaxe baixada de internet) |
Rompió lo huevos
para que no nacieran
los pajaritos.
No los comerá el gato.
Misión cumplida. Suda.
para que no nacieran
los pajaritos.
No los comerá el gato.
Misión cumplida. Suda.
15 comentarios:
É unha tontería, pero..., faime ilusión.
GRAZAS.
Jajajaja. De nada, de nada. Cando queiras outra ilusión, xa sabes...
E... se ... o gato nunca tivese chegado a eles?????
Ai, ai...
Ai, ai..., Rascacheira, que non te das convencido de que a literatura existe. Parece mentira, un ratiño de biblioteca coma ti... :-)
Pero..., o gato chegaría a elles, que facemos Rascacheiras???.
Pois... cambiar o niño de sitio a un lugar onde non chegue o gato... ou???
Si cambias de sitio o niño, os pais non fan caso deles(teño feito a proba)
Un haikus conflictivo...
Os cuento:
Siempre que he manipulado un nido de pájaros, ha sido abandonado.
Curiosamente, este año haciendo limpieza,encontré entre bloques a ras del suelo un nido de 5 bebés de golondrina; no los e tocado!!
En la finca hay gatos, perros, zorros, culebras, lagartos....¡Que la naturaleza siga su curso!
Los bebés ya tienen pluma....Ya os contaré...!!
Pois si, un haiku conflitivo, si, porque non estou de acordo, nandina... Hai dous anos, o meu gato Morito tirou un niño con dous paxariños dentro. Recollinos e metinos con niño e todo dentro dunha gaiola coas portas abertas. A nai volveu todos os días con comida. Medraron e un día saíron da gaiola voando sós. Ese día sentinme moi orgullosa e ata feliz. Tanto que escribín un contiño e todo. E tamén dende ese día o meu gato Morito leva un colar cun axóuxere para que os paxaros o sintan chegar. E funciona!!! Agora só trae escánceres e algún que outro réptil semellante.
Espero ansiosa o final da historia das anduriñas!
Suaseiras e Nandina, en boa vos metestes. A ver se entre as dúas vos dades defendido de Rascacheira, que che é moita Rascacheira para unha Rascacheira soa... Agardo espectante a ver en que remata o conto...
Unha historia ben chula Rascacheiras, entendo que te sentiras imensamente feliz.
Eu de verdade, non tiven esa sorte, igual non sei facelo, ou non sei....
O que non acabo de ver, é iso de poñerlle un colar de cascabels a Morito, todo o día triquetraque, triquetraque...., os ratiños... que!? Só deixas cazar réptiles?.
Nandina, como van esas anduriñas?, estás segura que son golondrinas?
Uf!!
As anduriñas(non sabía que se chamaban asi)unha maña que pasei polo niño, non estaban. Quero supoñer que voaron, no lugar que se atopaban non había feitos violentos.
Sin intervir, tamen me sinto feliz como Rscacheiras,(non escribirei un contiño que se me da moi mal).
Creo que non eran anduriña, podian ser carrizos, teño as miñas dudas...non queria tocalos, ademais ter o niño no chan....
E o colar cun axóuxere (outra palabra ben bonita, moito aprendo con vos) recordame as pelis, con gatos malos que os protas eran os ratos, claro...jajajaja.
A verdade é que non o deixo cazar nada!!! Leva os axóuxeres para que tododiós se dea conta de que un cazador anda solto, pero ... ás veces non dá resultado e chega ata a miña cama cun escáncer ou outra bichería... serán os que son máis tontos... non sei... Para que quere cazar algo se non o vai comer??? Xa che chega co penso da casa!!!
Ai!! Rascacheiras, aí quería verte!!
Es unha gran defensora e querente dos animais.
Eu, son máis de apostar polo equilibrio.
Según o dicionario da lingua: Xusta ponderación dos elementos que
acompañan a vida orgánica, de onde resulta o seo normal funcionamento.
Polo tanto, creo que o teo gato Morito, cando che leva bichos a enseñar, estache dicindo ca boca pequena, que é un cazador nato.
Só é un punto de vista...eh!!
Bicos, para Morito tamén.
Publicar un comentario