POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

27 may. 2011

¿QUE ME PASA?

Cando me miras
fuxo sen saber a onde.
Se non te vexo
non fago máis ca buscarte.

Cando me falas
non me saen as palabras.
Se estás calado
o silencio faime dano.

Cando sorrís
o Sol queima en pleno inverno.
Se te pos triste
cobren as nubes o ceo.

E mentres durmo, ás tantas,
soño que te abrazo,
que me bicas e casamos.
¿Que me pasa?

(Imaxe baixada de internet)

Cuando me miras
huyo sin saber a dónde.
Si no te veo
no hago más que buscarte.

Cuando me hablas
no me salen las palabras.
Si estás callado
el silencio me hace daño.

Cuando sonríes
el Sol quema en pleno invierno.
Con tu tristeza
cubren las nubes el cielo.

Y mientras duermo a las tantas
sueño que te abrazo,
me besas y nos casamos.
¿Qué me pasa?
                              

5 comentarios:

Rascacheira dijo...

Isto sóame a "Unha vez tiven un cravo cravado no corazón"... a contradición propia do ser humano... Mesmo ó complexo que din que tiña Rosalía, o de Polícrates.

Madoé dijo...

Non muller, non, moito máis sinxelo ca todo iso. Mira o nome da etiqueta.

Rascacheira dijo...

Eh......!!!!!!!! Precioso o recitado!!! E a música... Que tempos! Simon e Garfunkel, non si? Por casualidade: "Puente sobre aguas turbulentas"????????????

Madoé dijo...

Despois de varios minutos investigando e pedindo axuda, creo que cheguei á conclusión de que é unha versión de Richard Clayderman de "El ritmo del silencio" que cantaban Los Mustang.

suaseiras dijo...

A música, si que ten un aire Simon-Garfunkel, de todos os xeitos é preciosa sexa de quen sexa.

E o peoemiña é entrañable..., que lle vai pasar, che!!