POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

12 abr 2011

VIDA CHEA / VIDA LLENA

A morte está sempre á espreita
agardando que teñas a vida chea.
Chea de vida ou de futuro;
de feridas, dor ou desenganos;
xuventude, anos ou rutinas;
esperanzas, soños ou proxectos;
desamor, cariños ou fracasos...
(Imaxe baixada de internet)

A miña está acugulada de ocos.
Vaime  estoupar como unha bincha.
Xa sinto o seu alento na caluga.



La muerte está siempre alerta
esperando que tengas la vida llena.
Llena de vida o de futuro;
de heridas, dolor o desengaños;
juventud, años o rutinas;
esperanzas, sueños o fracasos...
La mía está colmada de huecos.
Me va a reventar como un globo.
Ya siento su aliento en la nuca.

5 comentarios:

suaseiras dijo...

Hoxe xa non sei.
Mañá....moito menos.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Ahhhh! Non entendín nadiña...

suaseiras dijo...

Jejejeje..., tampouco hai que entendelo todo.

Rascacheira dijo...

Gustoume o recitado!!! Os nenos do cole dirían, ao escoitar o verso final: "que medo"!!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Jajajaja... Pero como non o van escoitar nunca...