POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

26 abr 2011

VERDADES A MEDIAS

Non é verdade o que din.
Non todos somos iguais.
Non quero que me mesturen
cos que maltratan ou matan.
Eu non son igual a eles
(Imaxe baixada de internet)
nin tampouco quero selo.


Non é verdade o que din.
Non hai diferentes cores.
Eu son branco, ti es negro;
estou eu negro, ti tan branco…
E a nosa pura amizade
máis incolora cá auga.


Non é verdade o que din.
As mulleres non son homes.
As mulleres son persoas
e os homes persoas son.
Cada quen é como é
e como tal debe ser.

Nin é verdade o que din
nin tan sequera mentira;
porque afirman sen pensar
e sen pensar non atinan.

Por iso quero que penses.
Por iso quero que opines.
Tamén quero que dubides
da verdade que eu che diga.


No es verdad lo que dicen.
No todos somos iguales.
No quiero que me confundan
con el que mata o maltrata.
Yo no soy igual a ellos
ni tampoco quiero serlo

No es verdad lo que dicen.
No hay distintos colores.
Yo soy blanco, tú eres negro;
(Imaxe baixada de internet)
estoy yo negro, tú tan blanco...
Y nuestra pura amistad
más incolora que el agua.

No es verdad lo que dicen.
Las mujeres no son hombres.
Las mujeres son personas
y los hombres personas son.
Cada cual es como es
y como tal debe ser.

Ni es verdad lo que dicen
ni tan siquiera mentira;
porque afirman sin pensar
y sin pensar no se atina.

Por eso quiero que pienses.
Por eso quiero que opines.
Por eso quiero que dudes
de la verdad que yo diga.

2 comentarios:

suaseiras dijo...

A imaxe de Mafalda...non sabes cantos recordos....buaf!!

Verdades a medias,un contido que a carácterizaba. Non podeches elexir mellor imaxe.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Vaia, non pensei que atinara tan ben. A verdade é que non domino o tema Mafalda. A ver se Mafalda vai ser Madoé de pequena e por iso non o lembro... :-)