POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

5 abr 2011

INIMIGAS PAR SEMPRE / ENEMIGAS PARA SIEMPRE

(Imaxe baixada de internet)




Eran íntimas amigas.
Tanto quixeron compartir que se lles foi a man.
Agora xa só comparten odio e un home traidor.





Eran íntimas amigas. En su afán por compartirlo todo, se les fue la mano. Ahora ya sólo comparten odio y un hombre traidor.

3 comentarios:

suaseiras dijo...

Que compartan odio, entendo.
Que compartan home...xa non!.

Pero.....

Edita Nogueira Tallón dijo...

Xa. É que os personaxes de ficción son así, ficticios...

suaseiras dijo...

Xa xa...xa sabes, a realidade supera á ficción...moitas veces!! Anda que...