POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

24 feb 2011

PÍDEME A LÚA / PÍDEME LA LUNA


Escóitame cos teus ollos, mírame desde o corazón,
acaríñame coas palabras e pídeme a Lúa. Terala.

 
(Imaxe baixada de internet)

 
 
 
Escúchame con tus ojos, mírame con el corazón, acaríciame con palabras y pídeme la Luna. La tendrás.


7 comentarios:

suaseiras dijo...

Fai moiiiito tempo,(non tanto) tiña un mozo que cando eu estaba cabreada, sempre me dicía: así... non me deixas ver a lúa.
Preciosa a imaxe.

Edita Nogueira Tallón dijo...

¿Pero ti xa te cabreabas daquela, antes de casar...? ¿E chegaches a casar con aquel mozo tan romántico? :-)

Rascacheira dijo...

Hai unha lenda -non recordo agora se é maia, inca... - que di que se miramos a lúa chea os debuxos dos seus cráteres representan un coello porque o deus Quezalcoalt cando vagaba polos ceos morto de fame atopou un coello que lle dixo se quería comer o que el tiña no saco. O deus díxolle que non porque non lle gustaba. E o coello, entristecido e con medo de que o deus morrese de fame, díxolle: -Pois cómeme a min.
O deus colleuno no colo e púxoo na lúa para que todos, dende a terra, visemos a súa figura para sempre e recordasemos a súa xenerosidade.

Agora, sempre que a miro nas noites de luar, vexo o pequeno coello que se apiadou dun deus.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Que-bo-ni-to, que-bo-ni-to...

Rascacheira dijo...

Vai-te ba-ñár, vai-te ba-ñár...

Edita Nogueira Tallón dijo...

:-)

suaseiras dijo...

Xa me cabreaba daquela, antes, despois é agora....SEMPRE!!
Preguntas si casei con aquel mozo tan romántico? Non,non...non casei con él.A romántica era (dixen era)eu, el era moi listo.