POR QUE
ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes
:“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.
“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.
7 comentarios:
Ás Nogueiras séntalles ben chorar... teñen moita seiva.
Tranquila!!! É unha maneira de protexerse.
É da familia a nogueira da imaxe?
Claro, agora entendo como lle saen os fillos tan secos: váiselle todo o zume en bágoas.
Da familia mesmo, non; pero é veciña.
Pero co bonitas que son as nogueiras... e tiveches que facerlle unha fotito á veciña espida? Pois porque ti dis que o é, que se non... :-)
É que as nogueiras en febreiro siguen sendo nogueiras. O importante non é o vestido, senón o interior, a esencia, a madeira, a cerna... :-)
Seguirán, seguirán... pero calquera humano nola pode dar con queixo... así que a min dáme nogueiras con follas, con noces, verdes... a madeira e a cerna seguen aí...
VAITE BAÑAR!
¡Mira que tes interés en que me bañe! ¿Tanto cheiro?
¿Que dis do queixo e as noces? ¡Encántame esa combinación de sabores!
....(risas abondas)
Publicar un comentario