POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

8 feb 2011

COS PÉS NO CHAN / CON LOS PIES EN EL SUELO


(Imaxe baixada de internet)
Onte,
pendureime do aire
por sentirme levitando
sobre temores e penas.

Os fíos que me sostiñan,
feitos de sinxelas verbas,
racharon axiña.

Hoxe,
esnafrada e doente,
xazo enterrada en vida
no lodo da realidade.

Ayer,
me colgué del aire
por sentirme levitando
sobre temores y penas.

Los hilos que me aguantaban
hechos de simples palabras
se rasgaron pronto.

Hoy,
estrellada y doliente
yazco enterrada en vida
en el fango realidad.

6 comentarios:

suaseiras dijo...

......Un asunto escabroso!!. (tes que mirar eso)

Edita Nogueira Tallón dijo...

Terei... Pero mentres, o que fixen foi conseguir fíos novos e pendurarme outra vez. Ata que os fíos aguanten...

Rascacheira dijo...

Xa che daría que buscar esa imaxe ata dar con ela! Acáelle como anel ao dedo!!!!!!!!!!!!!! PUFFF...!!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Pois si. Tardei días. Non atopaba nada que me enchese o ollo. Cando dei con ela, non tiven dúbida. Non me canso de vela, encántame.

carnota dijo...

A imaxe é bestial. Parece deseñada para a ocasión. Para min, forte demais. Eu son máis de flores e paxariños; non obstante, sei apreciar a beleza cando a vexo, aínda que teña un matiz diferente ao que busco.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Parece que hai unanimidade (eu incluída): a imaxe é o mellor do poema. :-)