POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

24 dic 2010

AUSENCIA


(MUJER TRISTE. Francisco Pérez Soto)


Regresa un fillo.
A nai segue penando
polos ausentes.





Regresa un hijo.
Madre sigue penando
por los ausentes.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Os clásicos eran moi sabios, por iso dicían aquilo de: CARPE DIEM.
Sobran as palabras, nai.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Seguro que os clásicos eran todos homes...

suaseiras dijo...

Segurismo!!