POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

12 dic. 2010

INSOMNIO

Nin mil cadeas dixitais,
dormidina, valeriana,
plátano, pan con leite,
técnicas orientais,
encrucillados, xeroglíficos
e outras parvadas máis
me apampan o suficiente.
Nin ruxerruxe da radio
ou ladrido impertinente
dos cadelos do veciño
enmascaran os acúfenos
que me furan o cerebro.
Déitome
érgome
paseo
sento
érgome
déitome
desespero...
Os problemas, disfrazados
de xigantes invencibles.
As penas amontóanse
sobre o meu peito, afogándome.
O pasado preséntase.
O futuro escurece.
O tempo faise o morto.
E confundo cama con tortura
madrugada con vixilia
eternidade e silencio
galo con desafina
pesadelo e poesía.
E escorrego poema abaixo
ata dar coas ideas contra o chan.
E drógome con cen reproches.
Que me esmagan.
Que me calman.
Que me entregan e me cerran...
E mañá será outra noite.
(Imaxe baixada de internet)

Ni mil canales digitales,
dormidina, valeriana,
plátano, pan con leche,
técnicas orientales,
crucigramas, jeroglíficos
y estupideces varias
me atontan lo suficiente.
Ni el sonsonete de la radio
o el ladrido impertinente
de los perros del vecino
enmascaran los acúfenos
que taladran mi cerebro.
Me acuesto
me levanto
me paseo
me siento
me levanto
me acuesto
me desespero...
Los problemas se disfrazan
de gigantes invencibles.
Las penas se amontonan
sobre mi pecho, asfixiándome.
El pasado se presenta.
El futuro se oscurece.
El tiempo se hace el muerto.
Y confundo cama con tortura
madrugada con vigilia
eternidad con silencio
gallo con desafina
pesadilla y poesía.
Y me escurro poema abajo
hasta dar con mis ideas en el suelo.
Y me chuto cien reproches.
Y me quedo. Y me dejo.
Y me aplasto. Y me calmo.
Y me entrego. Y me cierro…
Mañana será otra noche.

8 comentarios:

Rascacheira dijo...

Comezamos as sorpresas?

Ai, os ollos do insomnio! A noite é mala, malísima conselleira! Non deixes que che fale, gáñalle a batalla!

Madoé dijo...

¡Pois claro! A ver se a sorpresa vai ser que non hai sorpresa...

suaseiras dijo...

Agora comprendo como che salen estos escritos, claro...mira ti a cal tes de musa!!

Madoé dijo...

Jajajajaja (etc.).

Rascacheira dijo...

Como me gustou escoitar este poema recitado, tan tan tan ben recitado!

Madoé dijo...

Grazas/gracias/thank you.

suaseiras dijo...

Ai!! que ben me cae esta tia...(dixo Alex)
Con esta enchente de paixón recitando.....claro!

Madoé dijo...

Jajajaja.
Graciñas por facer de intermediaria. Mira ti por onde...