POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

6 dic. 2010

DECEMBRO / DICIEMBRE / DECEMBER


(Imaxe baixada de internet)
Neve no chan.
Silencio, frío, reuma…
Inverno en vea.



Nieve en el suelo.
Silencio, frío, reuma...
Invierno en vena.



Snow on the ground.
Silence, cold, rheumatism...
Winter into a vein.

24 comentarios:

suaseiras dijo...

Son rotundos, redondos, totales estos HAIKUS Á GALEGA...Molan!

Madoé dijo...

Se cadra á que é rotunda, total e, sobre todo, redonda, é a galega (risas).

Rascacheira dijo...

Eu estou totalmente de acordo con suaseiras, aínda sen coñecela. Os haikus son REDONDOS!!! Non tanto como a galega... :-)

Rascacheira dijo...

Esquecín dicir algo, así que vai outro comentario: encantaríame ler este haiku en inglés. Seguro que soa moi ben.

suaseiras dijo...

Ai!graciñas polo de redonda jajajaja.

Madoé dijo...

Rascacheira, tratarei de "presionar" ó tradutor, aínda que non sei se terei éxito...

Suaseiras, o de redonda ía por esta galega, non por ti, eh (risas).

Rascacheira dijo...

Menos mal que xa está aclarado o da "galega"!!!

Sabíao! Sabía que tiña que soar moi ben in english... Ese snow in the ground, ese silence, ese winter into a vein... e tamén ese cold...
Ese rheumastism... xa non me gusta tanto.
Que tal soará en français?

Madoé dijo...

¿E por que non probas, a ver que tal...? :-)

Rascacheira dijo...

La neige par terre.
Silence, froid,rhumatisme...
L´hiver dans le sang

Madoé dijo...

Pois ata a min, que teño o francés no soto da memoria, me soa estupendamente...

carnota dijo...

Botaron aí unhas parrafadas polilingües entre Rascacheira, Suaseiras e Madoé que xa non me quedan recursos para expresarme porque todos están pillados. Dos 4 idiomas, neste caso, escollo o francés; pero, por favor, sustitúan o reumatismo (un termo moi médico) por outro máis poético.
Eu non estou capacitada para valorar os HAIKUS Á GALEGA. A min dáseme mellor o "pulpo" á feira.

Madoé dijo...

¡Moi graciosa, Carnota! Canto deu de si esta entrada, nunca o pensei...

Rascacheira dijo...

E aínda podiamos seguir turrando do fío!!! Todo é poñerse... :-)
Esperade un pouco e veredes...
(SORPRESA!!!)

Madoé dijo...

E agora por entregas... ¡Que intriga! ¿Non pensarás traducilo ó xaponés? ¿Ou ó chinés...?
:-)

Rascacheira dijo...

E por que escolliches esas dúas linguas? Por que non ao esperanto?
:-(

Madoé dijo...

Por premeditación e aleivosía...:-)

Rascacheira dijo...

雪下在地上。
安静,寒冷,潮湿。。。
冬进了血里。

Madoé dijo...

Así que a miña premeditación e aleivosía funcionou bastante ben...:-) E se sigo entrenando un pouco, se cadra ata dou adiviñado o nome do/a tradutor/a...

Rascacheira dijo...

Pois a ver... a ver...

Madoé dijo...

Estou entrenando... De momento teño a primeira letra nada máis: Y

rascacheiro dijo...

Vas encamiñada. Pero... tampouco "te tires de la moto"... non é tan difícil!!!!!!!!!!!!!!!!!

Madoé dijo...

Hala, hala..., quitándome méritos, non? Pois xa que acertei, dalle as grazas e un abrazo da miña parte.

suaseiras dijo...

Alucinante ese escrito de Rascacheira,eu sigo quedando co meo galego, pero teño que recoñecer que este escrito xaponés é puro arte... máxico!.

Madoé dijo...

Si que é artístico, si. Pero non é xaponés senón chinés. Seino porque coñezo a autora, que se non...