POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

23 oct 2010

POZO SECO

(Imaxe baixada de internetNo fondo do pozo
No fondo do pozo
podes tender o leito
e deitarte boca abaixo.

Ou podes romper as uñas
ó rubir polas paredes,
pendurándote da vida
que os teus ollos divisaron.
Se cadra viches as cordas
que che lanzan desde o aire...

No fondo do pozo
deixas a cama aberta
temendo a túa caída.

O golpe será máis leve
e a dor, cronificada.
Atoparaste na casa,
non vas querer mirar fóra
nin escoitar a esperanza.
Desde o fondo non se cae.

En el fondo del pozo
puedes tender tu lecho
y echarte boca abajo.

O puedes romper las uñas
al trepar por sus paredes,
amarrándote a la vida
que tus ojos divisaron.
Quizás hayas visto cuerdas
que te lanzan desde el aire.

En el fondo del pozo
dejas la cama abierta
temiendo la caída.

El golpe será más leve
y el dolor, cronificado.
Te encontrarás en tu casa,
no querrás mirar afuera.
No más esperanzas rotas.
Desde el fondo no se cae.



5 comentarios:

Rascacheira dijo...

Que texto máis triste. Estou desexando un texto no que ver por fin o arco da vella!

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Que difícil! Porque o arco desta vella non é de cores...

suaseiras dijo...

garda un pesimismo irónico que te cagas. mola!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Moi ben, suaseiras.
Rascacheira, ¿ves como tamén ó triste se lle pode atopar a gracia...? Ja ja ja

suaseiras dijo...

lin outra vez esto,é tremendíííísimo!!