POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

12 oct 2010

O NENO TRISTE / EL NIÑO TRISTE

No patio hai un recuncho.
No recuncho sofre un neno.
O neno non xoga nunca,
nunca ten con quen xogar.
Os rapaces non o queren.
O mestre fai que non ve.
¡Canto temos que aprender!



(Imaxe baixada de internet)


En el patio hay una esquina.
En la esquina sufre un niño.
El niño no juega nunca,
no tiene con quien jugar.
Los compañeros lo ignoran.
El maestro se hace el tonto.
¡Cuánto queda que aprender!

3 comentarios:

Rascacheira dijo...

Este pequeno texto sempre me gustou moito. Con tan poucas palabras, reflexa tan ben o que hai ás veces nos coles!!!

suaseiras dijo...

Madoé, na traducción o castelán hai un erro.
mmhh...!

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Pois si, e ben gordo! Coóuseme ese palabro sen traducir. Vouno amañar correndo. Menos mal que hai alguén que le as versións castelás...(risas) Así me gusta, sigue atenta, por se acaso...