POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

28 oct 2010

COGOMELO / SETA

(amanita spissa)
Da natureza,
húmida, media podre,
o cogomelo.
Do meu sombrío outono,
a emoción de atopalo.


De la humedad,
naturaleza muerta,
hermosa seta.
De mi sombrío otoño,
la emoción de encontrarla.

7 comentarios:

Rascacheira dijo...

Arre, demo! E ese que está aí non será unha amanita faloides??? Dígoo por ese ton branco amarelento...
Os cogumelos son chulos, pero especialmente as amanitas muscarias. E o que son, sobre todo, é moi saborosos, co seu alliño, ou á prancha, mesmo en tortilla. Bonito tempo o outono grazas a eles.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Pode ser. Chovera e estaba un pouco desfigurado. Pero ata os cogomelos malos son fermosos.
O autono sempre foi a miña estación favorita, e máis desde que descubrín o mundo fantástico dos cogomelos. O malo é que, coma todo o bo, logo se acaba.

suaseiras dijo...

Mira ti esta Madoé, o toliña que esta polos cogomelos, que ata lle saén haikus á galega.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Pois si, atinaches de todo: estou toliña. E mentres lle poida botar a culpa ós cogomelos...

Edita Nogueira Tallón dijo...

Hala, Begoña, para que non protestes cambiei a outra amanita por esta, que é comestible, disque.

suaseiras dijo...

Pois si, amanita spissa, é comestible.
Non confundila con amanita panherina.
Unha foto chula, Madoé!

Edita Nogueira Tallón dijo...

A min tamén me gusta (a foto, que a amnita non penso probala, por moi comestible que sexa).