POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

28 ago 2019

INTERESE FARMACÉUTICO / INTERÉS FARMACÉUTICO



En vista do baixo consumo de cremas protectoras, planean multiplicar os buratos na capa de ozono.





(Imaxe procedente de internet)


Ante el bajo consumo de cremas protectoras, planean multiplicar los agujeros en la capa de ozono.







27 ago 2019

O MUIÑEIRO / EL MOLINERO



Manuel non tivo máis nana có son do rodicio, nin perfume infantil distinto do recendo a fariña fresca. Criouse á sombra da friaxe. Escusou agardar pola vellez para ver o cabelo tinguido de branco ou saber o que é a reuma. Seus pais moeron arreo, loitaron para que o fillo tivese un futuro. Pero de nada valeron os estudos e distintos intentos profesionais: Manuel levaba o muíño no sangue e nunca se deu desintoxicado de tal dependencia. Herdou o oficio sen remedio. E quedou solteiro porque as mulleres que roldou celábanse da auga do caneiro. Cando as pernas deixaron de mantelo en pé e a cabeza se esqueceu de rexer, as moas de pedra non deron máis voltas. Pouco tardou en finar. De tódalas historias que meu avó me contaba, ningunha lembro tan ben coma esta.

Hoxe, buscando cogomelos, atopei o muíño. Coa axuda dun pau e a navalla, fun abrindo camiño entre as silvas que o camuflan. A porta atrancada impediume o acceso, pero puiden axexar por un burato. Xuro que o muíño andaba, producindo un monótono xemido que me estarreceu. Cando dei comprobado que polo inferno non entraba unha pinga de auga, fuxín o máis lixeiro posible, obviando o tremor das pernas.


(Imaxe procedente de internet)


Manuel no tuvo más nana que el son del rodezno, ni perfume infantil distinto del aroma a harina fresca. Se crió a la sombra del frío húmedo. No precisó esperar por la vejez para ver el cabello teñido de blanco o saber lo que es el reuma. Sus padres molieron a destajo, lucharon para que el hijo tuviera un futuro. Pero de nada valieron los estudios y distintos intentos profesionales: Manuel llevaba el molino en la sangre y nunca pudo desintoxicarse de tal dependencia. Heredó el oficio sin remedio. Y quedó soltero porque las mujeres que rondó se celaban del agua del caño. Cuando las piernas dejaron de mantenerlo en pie y la cabeza se olvidó de regir, las muelas de piedra no dieron más vueltas. Poco tardó en fallecer. De todas las historias que mi abuelo me contaba, ninguna recuerdo tan bien como esta.  

Hoy, buscando setas, encontré el molino. Con la ayuda de la navaja y un palo, fui abriendo camino entre las zarzas que lo camuflan. La puerta atrancada me impidió el acceso, pero pude acechar por un agujero. Juro que el molino andaba, produciendo un monótono gemido que me estremeció. Cuando logré comprobar que por el bocín no entraba una gota de agua, huí lo más ligero posible, obviando el temblor de las piernas.


26 ago 2019

SOIDADE / SOLEDAD



(Imaxe procedente de internet)



Goza de boa saúde, pero visita seguido ó seu médico queixándose de dores varias e novas. O doutor xa non sabe que máis receitarlle. Ela non toma nada; acumula os medicamentos, repartidos por toda a casa. Fanlle tanta compañía… Sabe que, se algún día os precisa, aí estarán.







Disfruta de buena salud, pero visita a su médico continuamente quejándose de dolores varios y nuevos. El doctor ya no sabe qué más recetarle. Ella no toma nada; acumula los medicamentos, repartidos por toda la casa. Le hacen tanta compañía… Sabe que, si algún día los necesita, ahí estarán.



24 ago 2019

LOBO VELLO / LOBO VIEJO




(Imaxe procedente de internet)
Puxo cairos postizos. Volverá desgarrar presas novas.





Puso caninos postizos. Volverá a desgarrar presas jóvenes.





1 ago 2019

BALCONADAS



Como ganador do último certame de pintura, propóñenme que forme parte do xurado da convocatoria actual. Acepto encantado, sobre todo pola satisfacción de retornar a Betanzos. Cada verán, o centro histórico da acolledora cidade convértese durante cinco ou seis semanas en pinacoteca ó aire libre; dos seus balcóns penden verdadeiras xoias con formidables dimensións, sen marco nin bastidor, para gozo regalado de veciños e visitantes.

Despois de tres días na localidade e de varios paseos polas rúas engalanadas con pinturas ó vento, os meus principios obríganme a comunicar á entidade organizadora que, por motivos persoais, debo deixalo. Marcho, fuxo quizais. A razón é que non consigo observar as obras coa atención debida: os meus pés e os meus ollos diríxense sempre ó mesmo punto, o balcón do lenzo número 11, no que ondeou o meu; pero eu só percibo unha muller asomada e un intenso ulido a mar.

Ó cabo dun mes, non sei se por erro ou deferencia, recibo un correo: “De maneira inexplicable, desapareceu a pintura número 11, favorita do público e do xurado polo seu realismo extremo. Prorrógase a exposición mentres tratamos de restituíla.”


(Imaxe procedente de internet)



Como ganador del último certamen de pintura, me proponen que forme parte del jurado de la convocatoria actual.  Acepto encantado, sobre todo por la satisfacción de regresar a Betanzos. Cada verano, el casco histórico de la acogedora ciudad se convierte durante cinco o seis semanas en pinacoteca al aire libre; de sus balcones penden verdaderas joyas con formidables dimensiones, sin marco ni bastidor, para disfrute regalado de vecinos y visitantes.

Después de tres días en la localidad y de varios paseos por las calles engalanadas con pinturas al viento, mis principios me obligan a comunicar a la entidad organizadora que, por motivos personales, debo dejarlo. Marcho, huyo quizás. La razón es que no consigo observar las obras con la atención debida: mis pies y mis ojos se dirigen siempre al mismo punto, en cuyo balcón ondeó mi lienzo y ahora lo hace el número 11; pero yo solo percibo una mujer asomada y un intenso olor a mar.

Al cabo de un mes, no sé si por error o deferencia, recibo un correo: “De manera inexplicable, ha desaparecido la pintura número 11, favorita del público y del jurado por su realismo extremo. Se prorroga la exposición mientras tratamos de restituirla.”




12 ene 2019

CACHELOS


                                                                                                 recitado



(Imaxe procedente de internet)
Convidáronme a xantar
cachelos cantos quixera.
Aceptei só por saber
cal era ese tal manxar.
Vaia chasco que levei
cando puxeron no prato
unhas patacas cocidas
¡e porriba sen pelar!





Me invitaron a almorzar
cachelos cuantos quisiera.
Acepté yo por saber
cual era ese tal manjar.
Menudo chasco llevé
cuando echaron en el plato
unas patatas cocidas
¡y... encima sin pelar!




11 ene 2019

MERCADOTECNIA EFICAZ


O armario onde acababa de encerrar á súa boneca empezou a renxer. As portas pandearon un chisco pouco antes de saír voando rebentadas pola explosión. A cama quedou cuberta con estelas e anacos de látex. Unha das achas de madeira resultou letal. O home pasou dun sono pracenteiro a outro eterno polo mesmo prezo. 


Ó fabricante do dispositivo obrigárono a advertir no manual de instrucións que, debido á  claustrofobia sufrida por algunhas mozas, poderíase activar automaticamente o mecanismo de inchado infinito. Os pedidos, sempre a través de internet e con embalaxe discreta, aumentaron segundo o previsto.

(Imaxe procedente de internet)

El armario donde acababa de encerrar a su muñeca empezó a crujir. Las puertas pandearon algo poco antes de salir volando reventadas por la explosión. La cama quedó cubierta con astillas y trozos de látex. Una de las esquirlas de madera resultó letal. El hombre pasó de un sueño placentero a otro eterno por el mismo precio. 

Al fabricante del artilugio lo obligaron a advertir en el manual de instrucciones que, debido a la claustrofobia sufrida por algunas chicas, se podría activar automáticamente el mecanismo de hinchado infinito. Los pedidos, siempre a través de internet y con embalaje discreto, aumentaron según lo previsto.


9 ene 2019

MANADA



(Imaxe procedente de internet)




Xa non é nova:
atraparon  un lobo 
de raza humana.





                                                No es novedad:
                                                            atraparon a un lobo
                                                                         de raza humana.


23 oct 2018

CALCULADORA



(Imaxe procedente de internet)
Cada infidelidade cóntalla á súa muller con todo luxo de detalles. Ela simula enfado, pero non se aflixe; sabe que será tamén honesto coas outras e que pouco lle durarán. Cando volva rendido, aí estará facendo de paciente esposa para consolalo e… cobrarlle o favor.




Cada infidelidad se la cuenta a su mujer con todo lujo de detalles. Ella simula enfado, pero no se aflige; sabe que será igualmente honesto con las otras y que poco le durarán. Cuando vuelva rendido, ahí estará haciendo de paciente esposa para consolarlo y… cobrarle el favor.




26 may 2018

NON É CONTO / NO ES CUENTO


Rosa fai honor ao seu nome: non hai moza máis vizosa e admirada na aldea, aínda que dane cando pica coas súas palabras espidas.

Desde hai unhas semanas, non é a mesma, está pálida. A progresiva mingua de peso e o deterioro físico son evidentes. Os veciños especulan; os médicos non atopan xustificación razoable a tal decaemento. Seus pais, preocupados, aprémana con preguntas que ela non sabe responder. Só o avó intúe o que realmente sucede. Nunha sobremesa, ármase de valor e cóntao. A familia repróchalle que veña con lendas de vello en momentos tan delicados. Desgustado, xura que el poñerá remedio. 
Algo antes da medianoite, sae con sixilo da casa, disfrazado para que a neta non o recoñeza. Nun cruzamento de camiños, espéraa. Non tarda en percibir sons de campaíña, rezos fúnebres e cheiro a cera queimada: a Santa Compaña acércase. Á fronte desta comitiva de ánimas, Rosa fai de Estadea portando unha gran cruz e un caldeiro de auga bendita, que el lle arrebata con decisión.

A moza mellora con rapidez. Por fortuna, non lembra absolutamente nada das súas peregrinacións nocturnas. O avó vaise apagando pouco a pouco. 

                                        (Imaxe procedente de internet)

Rosa hace honor a su nombre: no hay moza más lozana y admirada en la aldea, aunque dañe cuando pincha con sus palabras desnudas.

Desde hace unas semanas, no es la misma, está pálida. La progresiva merma de peso y el deterioro físico son evidentes. Los vecinos especulan; los médicos no encuentran justificación razonable a tal decaimiento. Sus padres, preocupados, la atosigan con preguntas que ella no sabe responder. Solo el abuelo intuye lo que verdaderamente sucede. En una sobremesa, se arma de valor y lo cuenta. La familia le reprocha que venga con leyendas de viejo en momentos tan delicados. Disgustado, jura que él pondrá remedio. 

Algo antes de medianoche, sale sigiloso de la casa, disfrazado para que la nieta no lo reconozca. En un cruce de caminos, la espera. No tarda en percibir tañidos de campanilla, rezos fúnebres y olor a cera quemada: la Santa Compaña se acerca. Al frente de esta comitiva de ánimas, Rosa hace de Estadea portando una gran cruz y un cubo de agua bendita, que él le arrebata con decisión.


19 may 2018

ASOMBRADO


Resignárase á súa presenza, a calquera hora do día ou da noite, con luz ou sen ela. Soportaba dignamente o  alcume de  Malasombra. Os nenos do barrio xogaban a pisarlla, mesmo con chuvia. Sempre o seguía unha  caterva de raparigos que competían por uns centímetros de sombra andante. Isto chegou a angustialo, tanto que restrinxiu as saídas. Se era imprescindible ausentarse da casa, facíao polo garaxe e no coche. Cando algún asunto o obrigaba a pisar a rúa, corría como un galgo para non ser alcanzado. 

Hoxe ocorre algo insólito. Na súa fuxida desesperada, cargando angurias e paraugas, vira a cabeza para ver a que distancia veñen os seus perseguidores; estráñase de que ninguén o siga. Minora o paso e continúa camiñando, sen esquecer a cautela. De súpeto, descobre que a súa sombra perenne desapareceu. Respira aliviado. 

Pouco lle dura a alegría. Pola embocadura dunha rúa, avanza cara a el a silueta negra e  hipnótica dunha nena, cos pés apuntando en dirección contraria á marcha. Parece un adhesivo na parede, feita de dúas pezas pegadas pola cintura; cada metade, con orientación oposta. Ó tentar fuxir, un  tropel de rapaces inmobilízao.




(Imaxe procedente de internet)

Se había resignado a su presencia, a cualquier hora del día o de la noche, con luz o sin ella. Soportaba dignamente el mote de Malasombra. Los niños del barrio jugaban a pisoteársela, incluso con lluvia. Siempre lo seguía una caterva de muchachos que competían por unos centímetros de sombra andante. Esto llegó a agobiarlo, tanto que restringió las salidas. Si era imprescindible ausentarse de casa, lo hacía por el garaje y en coche. Cuando algún asunto lo obligaba a pisar la calle, corría como un galgo para no ser alcanzado. 

Hoy ocurre algo insólito. En su fuga desesperada, cargando angustia y paraguas, gira la cabeza para ver a qué distancia vienen sus perseguidores; se extraña de que nadie lo siga. Aminora el paso y continúa caminando sin bajar la guardia. De repente, descubre que su sombra perenne ha desaparecido. Respira aliviado. 

Poco le dura la alegría. Por una bocacalle, avanza hacia él la silueta negra e hipnótica de una niña, cuyos pies apuntan en dirección contraria a la marcha. Parece una pegatina en la pared, hecha de dos piezas pegadas por la cintura; cada mitad, con orientación opuesta. Al intentar huir, un tropel de chavales lo inmoviliza.

                                                                                                              Texto creado para ENTC

23 mar 2018

LEALDADE EQUINA / LEALTAD EQUINA



Severino alardeaba de ser o único veciño motorizado: posuía cabalo. Tanto confiaba nel que ata podía cabalgar durmido.   

Unha noite negra, ante un obstáculo imprevisto, o animal caeu malferido. Severino espertou no chan.   

Sempre repetía que o corcel amortecera o impacto do seu dono coa propia vida.






(Imaxe procedente de internet)




Severino alardeaba de ser el único vecino motorizado: poseía caballo. Tanto confiaba en él que hasta podía cabalgar dormido.

Una noche negra, ante un obstáculo imprevisto, el animal cayó malherido. Severino despertó en el suelo. 

Siempre repetía que el corcel había amortiguado el impacto de su dueño con la propia vida. 

8 mar 2018

PORTA/ PUERTA


(Imaxe procedente de internet)
    
         Porta pechada. 
                  Nalgures haberá
                             outras abertas. 


 

              

   Puerta cerrada.
   En algún sitio habrá
   otras abiertas.






4 mar 2018

A CAPRICHO



Corren os parvuliños cara os seus familiares cunha lámina na man. A miña filla non aparece. Entro preocupada. Chora nun recuncho da aula. A profesora explícame que non quere levar o seu cadro para a casa porque non lle permitiu enzoufalo de vermello, coma sempre. A pintura é fermosa: unha árbore entre casiñas fumarentas baixo o ceo estrelado. Marcho coa cativa e o seu portafolios no colo. Cando chegamos ó piso, saco o debuxo para eloxialo diante do pai. Ambos os dous quedamos atónitos: da boca de morcegos, paxaros horrendos e gatos, caen pingas encarnadas; as chemineas son agora cruces ornando nichos grises, e a árbore, unha enorme man ensanguentada; enriba dela, aínda gotexa unha soga pendurada da lúa chea. A miña nena sorrí. 





(Imaxe editada dunha procedente de internet)

Corren los parvulitos hacia sus familiares con una lámina en la mano. Mi hija no aparece. Entro preocupada. Llora en un rincón del aula. La profesora me explica que no quiere llevar su cuadro a casa porque no le ha permitido embadurnarlo de rojo, como siempre. La pintura es hermosa: un árbol entre casitas humeantes bajo el cielo estrellado. Marcho con la pequeña y su portafolios en brazos. Cuando llegamos al piso, saco el dibujo para alabarlo ante su padre. Ambos quedamos atónitos: de la boca de murciélagos, pajarracos y gatos, caen gotas encarnadas; las chimeneas son ahora cruces ornando nichos grises, y el árbol, una enorme mano ensangrentada; sobre ella, todavía gotea una soga pendida de la luna llena. Mi niña sonríe. 


7 ene 2018

AS MALAS LINGUAS / LAS MALAS LENGUAS


Boteime ao monte en busca dos salvaxes que andaban na boca da xente. Polo visto, roubaban, atacaban… Dixomedíxomes. Era un nada máis e só me violou.

(Imaxe procedente de internet)




Me eché al monte en busca de los salvajes que andaban en boca de todos. Por lo visto, robaban, atacaban… Habladurías. Era uno nada más y solo me violó.

18 ago 2017

INÉDITO PARA SEMPRE/ INÉDITO DE POR VIDA



Un fedor insoportable inunda a casa. Os seus personaxes, cadáveres desde hai tempo, descompóñense nos caixóns. Definitivamente, terá que desistir.

(Imaxe procedente de internet)




Un hedor insoportable inunda la casa. Sus personajes, cadáveres desde hace tiempo, se descomponen en los cajones. Definitivamente, tendrá que desistir.



                                                                         
                                                     Seleccionado en ENTC para ser publicado no próximo libro.

14 jul 2017

XUSTIZA ANIMAL / JUSTICIA ANIMAL


Aínda que ben podería ser hoxe, ocorreu hai máis de corenta anos. Un home solteirón pediu consello ó seu único amigo: dubidaba entre casar ou comprar unha lavadora. Salvo a gargallada que imaxino botaría o outro, descoñezo a resposta. Sei que morreu solteiro e na súa cama; mais  non foi de morte natural.      
                                                                                                                                                                                 
Compartía casa con diversos animais domésticos. Só as galiñas, polos seus ovos fermosos, recibían boa vida. Ós gatos non lles facilitaba alimento ningún para que ratas e ratos non o comesen a el. Un can esfameado e de malas pulgas custodiaba a fachada da vivenda, amarrado cunha cadea móbil que se desprazaba ao longo do cable de aceiro disposto para tal efecto. Presumía de non usar chave. A pesar de que a todo o mundo lle encantaría meter os fociños no seu fogar, ninguén ousaba achegarse.
                                                                                                                     
Unha noite sen lúa, dous veciños, novos e folgados, decidiron gastarlle unha broma. Resultoulles máis doado do previsto neutralizar e soltar o can ofrecéndolle larpeiradas. Despois de abrir a porta, dispararon un berro aterrecedor e fuxiron; sen decatarse de que o animal, libre ante a entrada franqueada, entrou ó cuarto do seu amo rápido e feroz.




                                  (Imaxe procedente de internet)
Aunque bien podría ser hoy, ocurrió hace más de cuarenta años. Un hombre solterón pidió consejo a su único amigo: dudaba entre casarse o comprar una lavadora. Salvo la carcajada que imagino echaría el otro, desconozco la respuesta. Sé que murió soltero y en su cama; mas  no fue de muerte natural.

Compartía casa con diversos animales domésticos. Solo las gallinas, por sus huevos hermosos, recibían buena vida. A los gatos no les facilitaba alimento alguno para que ratas y ratones no lo comieran a él. Un perro famélico y de malas pulgas custodiaba la fachada de la vivienda, amarrado con una cadena deslizante a lo largo del cable de acero dispuesto al efecto. Presumía de no usar llave. A pesar de que a todo el mundo le encantaría meter la nariz en su hogar, nadie osaba acercarse.

Una noche sin luna, dos vecinos, jóvenes y ociosos, decidieron gastarle una broma. Les resultó más fácil de lo previsto neutralizar y soltar al can ofreciéndole comida golosa. Después de abrir la puerta, dispararon un grito espeluznante y huyeron; sin percatarse de que el animal, libre ante la entrada franqueada, entró al dormitorio de su amo raudo y feroz.

(Este relato está publicado no libro titulado “AHÍ ESTÁN… las puertas de Boal” “EI TÁN… as portas de Boal”).

21 jun 2017

ORDE DE AFASTAMENTO / ORDEN DE ALEJAMIENTO


(Imaxe procedente de internet)




Soa e dorida, nunha lúgubre estancia de luz escasa, un vulto sanguinolento escorrega entre as súas pernas. Asustada, non sabe que facer con el e devórao. Este soño absurdo tortúraa noite tras noite desde o día do xuízo. Hoxe non ocorrerá. Hai un par de horas, cando regresaba á casa coa súa filla da man, viuno acazapado detrás dun coche demasiado cerca do portal. A pequena dorme; ela velaraa sen quitar ollo da porta, atrancada con ferrollos e mobles. Barrunta que vai botar de menos o outro pesadelo.  







Sola y dolorida, en lúgubre estancia de luz escasa, un bulto sanguinolento se desliza entre sus piernas. Asustada, no sabe qué hacer con él y lo devora. Este sueño absurdo la tortura noche tras noche desde el día del juicio. Hoy no ocurrirá. Hace un par de horas, cuando regresaba a casa con su hija de la mano, lo ha visto agazapado detrás de un coche demasiado cerca del portal. La pequeña duerme; ella la velará sin quitar ojo a la puerta, atrancada con cerrojos y muebles. Presiente que va a echar de menos la otra pesadilla.  



13 abr 2017

TROPEZÓN CON FLOCOS / TRASPIÉ CON FLECOS


(Imaxe procedente de internet)
Recollíchesme no chan e crucei a rúa colgada do teu brazo recio. Unha pegada indeleble de perfume varonil agarrouse á miña pel sen estrear. Axiña comprendín que, por culpa daquel maldito chanzo, non só perdera o equilibrio, senón a paz. Nin un día pasa sen que repita o mesmo traxecto coa ansia de buscarte. En máis dunha ocasión, recoñecín o teu recendo; pero ó tentar achegarme, o meu can guía roña e tira da correa, afastándonos. Antes de volverme tola, debo escoller entre acatar a seguridade do seu instinto ou cumprirlle o gusto ó meu.





Me recogiste en el suelo y crucé la calle colgada de tu brazo fornido. Una huella indeleble de perfume varonil se agarró a mi piel sin estrenar. Enseguida comprendí que, por culpa de aquel maldito escalón, no solo había perdido el equilibrio, sino la paz. Ni un día pasa sin que repita el mismo trayecto con el ansia de buscarte. En más de una ocasión, he reconocido tu fragancia; pero al intentar acercarme, mi perro lazarillo gruñe y tira de la correa, alejándonos. Antes de volverme loca, debo eligir entre acatar la seguridad de su instinto o cumplirle el gusto al mío.


                                                       Creado para  II PREMIODE MICRORRELATO IASA ASCENSORES


9 abr 2017

SEN CAPA / SIN CAPA


Un diluvio de buratos de ozono asolagou a Terra inhóspita. O sol derretía os esqueletos flotantes.

(Imaxe procedente de internet)



Un diluvio de agujeros de ozono inundó la Tierra inhóspita. El sol derretía los esqueletos flotantes.