POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

10 ago 2025

MÁIS CA PEDRAS / MÁS QUE PIEDRAS

 

Ía para monxa e queimou o hábito cos chispazos dun amor explosivo. El colgou a sotana antes de acompañala ó altar e deseñar unha familia ideal. Pronto chegaron os xemelgos. Despois de meses velando por quendas os seus prantos, a media ducia de fillos en proxecto reduciuse á metade. Co falecemento do terceiro, renegaron de Deus. Seguiron camiñando xuntos, aínda que desorientados. Dubidaban en cada encrucillada e adoitaban elixir o ramal equivocado. Véndose perdidos, tentaban retroceder, pero tarde: a maleza xa invadía calquera senda anterior. Desgastada a esperanza de ter netos ós que agarrarse para manterse en pé, o traxecto final tamén será borroso.

 

Imaxe procedente de internet

Iba para monja y quemó el hábito con los chispazos de un amor explosivo. Él colgó la sotana antes de acompañarla al altar y diseñar una familia ideal. Pronto llegaron los mellizos. Después de meses velando por turnos sus llantos, la media docena de hijos en proyecto se redujo a la mitad. Con el fallecimiento del tercero, renegaron de Dios. Siguieron caminando juntos, aunque desorientados. Dudaban en cada encrucijada y solían elegir el ramal equivocado. Viéndose perdidos, intentaban retroceder, pero tarde: la maleza ya invadía cualquier senda anterior. Desgastada la esperanza de tener nietos a los que agarrarse para mantenerse en pie, el trayecto final también será borroso.


No hay comentarios: