POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

15 ago 2025

FUTURO XERIFALTE / FUTURO MANDAMÁS

 

Xa ten dezasete anos e, ata o de agora, ninguén soubo diagnosticar correctamente a súa doenza, sendo dita circunstancia a causante de reprimendas, castigos, expulsións escolares e incomprensión xeral.  Os seus propios pais avergóñanse del; os amigos dúranlle xusto o tempo que tardan en descubrir o defecto.

Pero un investigador de síndromes conxénitas raras interesouse polo caso e acaba de poñerlle nome ó trastorno: intolerancia extrema a verbalizar certezas. Mente por imperativo xenético. Rubor, taquicardia, tremores ou vertixe aparecen cando se ve forzado a emitir unha verdade, como nos exames. Aínda que o especialista prognostica que o seu mal será incurable, pretende minimizar esas molestias aplicándolle tratamentos experimentais que parecen eficaces. En efecto, despois dunha semana en terapia, xa pode pronunciar o seu nome completo sen poñerse encarnado, ou recitar a dirección postal exacta con apenas palpitacións.

O mellor é que o doutor augura ó paciente un futuro profesional brillante. Recoméndalle inscribirse, de momento, no sector xuvenil de calquera partido mentres continúa estudando. Despois, cando descubran a súa capacidade innata, pelexarán por el; entón elixirá aquela formación política que máis valore a mentira de autor. E alcanzará un desenvolvemento persoal envexado, sen reproches nin sacrificios.

 

Imaxe procedente de internet

Ya tiene diecisiete años y, hasta ahora, nadie supo diagnosticar correctamente su dolencia, siendo dicha circunstancia la causante de reprimendas, castigos, expulsiones escolares e incomprensión general.  Sus propios padres se avergüenzan de él; los amigos le duran justo el tiempo que tardan en descubrir el defecto.

Pero un investigador de síndromes congénitos raros se ha interesado por el caso y acaba de ponerle nombre al trastorno: intolerancia extrema a verbalizar certezas. Miente por imperativo genético. Rubor, taquicardia, temblores o vértigo aparecen cuando se ve forzado a emitir una verdad, como en los exámenes. Aunque el especialista pronostica que lo suyo será incurable, pretende minimizar esas molestias aplicándole tratamientos experimentales que parecen eficaces. De hecho, después de una semana en terapia, ya puede pronunciar su nombre completo sin ponerse colorado, o recitar la dirección postal exacta con apenas palpitaciones.

Lo mejor es que el doctor augura al paciente un futuro profesional brillante. Le recomienda inscribirse, de momento, en el sector juvenil de cualquier partido mientras continúa estudiando. Luego, cuando descubran su capacidad innata, se pelearán todos por él; entonces elegirá aquella formación política que más valore la mentira de autor. Y alcanzará un desarrollo personal envidiado, sin reproches ni sacrificios.


No hay comentarios: