POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

16 oct 2016

O MELLOR AMIGO DO HOME / EL MEJOR AMIGO DEL HOMBRE



(Imaxe procedente de internet)




Foi deixando un regueiro de sangue desde o dormitorio matrimonial ata a porta. O can ía detrás, borrando as pegadas a lambidas.






Fue dejando un reguero de sangre desde el dormitorio conyugal hasta la puerta. El perro iba detrás, borrando las huellas a lametones.




18 sept 2016

RECORDOS DESBOCADOS / RECUERDOS DESBOCADOS


O azar quixo que se atopase esperta fronte ó televisor cando empezou a competición hípica. Os familiares estrañáronse de oíla farfallar, xa que había varios meses que non emitía son ningún. Despois chegaron os espaventos impropios, e ó pouco tempo puideron escoitar con claridade a palabra papá. Ninguén sospeitou que aqueles xinetes olímpicos a transportaran ó recuncho máis antigo da memoria, onde permanecía indeleble a primeira imaxe do seu pai máis ela a cabalo dun percherón; nin que tapaba os oídos para evitar os berros da nai que, por medo, pretendía baixar a súa pequena da cabalgadura. Cando chegou a hora de deitarse, houbo que desconectar o aparato simulando avaría. Resignada e triste, deixou que a levasen á cama. Pero ás poucas horas, tiveron que colocala outra vez diante da pantalla, repetíndose a escena anterior en cada retransmisión ecuestre. Despois de papá, chegaron outros vocábulos intelixibles como mamá, cabalo, arre...

Xa se acabaron as olimpíadas e segue pendente da televisión. Come  mellor e está menos adurmiñada; mesmo comezou a sosterse en pé de novo. O médico non ten explicación para esta sorprendente melloría da avoa.

(Imaxe procedente de internet)

El azar quiso que se encontrara despierta frente al televisor cuando empezó la competición hípica. Los familiares se extrañaron al oírla balbucear, ya que hacía varios meses que no emitía sonido alguno. Luego llegaron los aspavientos impropios, y al poco tiempo pudieron escuchar con claridad la palabra papá. Nadie sospechó que aquellos jinetes olímpicos la habían transportado al rincón más antiguo de la memoria, donde permanecía indeleble la primera imagen de su padre cabalgando con ella a lomos de un percherón; ni que se tapaba los oídos para evitar los gritos de la madre que, por miedo, pretendía bajar a su pequeña de la cabalgadura. Cuando llegó la hora de acostarse, hubo que desconectar el aparato simulando avería. Resignada y triste, dejó que la llevaran a la cama. Pero a las pocas horas, tuvieron que colocarla otra vez delante de la pantalla, repitiéndose la escena anterior en cada retransmisión ecuestre. Después de papá, llegaron otros vocablos inteligibles como mamá, caballo, arre…

Ya se acabaron las olimpiadas y sigue pendiente de la televisión. Come  mejor y dormita menos; incluso ha comenzado a sostenerse en pie de nuevo. El médico no tiene explicación para esta sorprendente mejoría de la abuela.

                                                                           Creado para ENTC


23 jul 2016

OUTRO CRISTO / OTRO CRISTO



Tíñase por Deus. Desde que as compañeiras do instituto empezaron a pelexar entre elas polos seus dotes extraordinarios. Seguro como estaba de que a sabedoría lle era innata, pronto deixou de cultivar o intelecto e concentrouse en adestrar outras capacidades divinas mirando a todo o mundo desde arriba. Na procura daquela actividade que verdadeiramente estivese á altura das súas gallardas proporcións e o fixese sentir no ceo, chegou a ser atleta, modelo, culturista… Pero quixo dar un paso máis no seu afán por demostrar a deidade que levaba dentro: fíxose vixiante da praia; ó fin, adoraríano como merecía cada vez que salvase unha persoa.

Disque onte á tardiña, cando apenas quedaba unha ducia de bañistas na costa, vírono camiñando con decisión sobre as ondas do mar de Finisterra. Aínda o seguen buscando.





(Imaxe procedente de internet)
Se creía Dios. Desde que las compañeras del instituto empezaron a pelearse por sus dotes extraordinarias. Seguro como estaba de que la sabiduría le era innata, pronto dejó de cultivar el intelecto y se concentró en entrenar otras capacidades divinas mirando a todo el mundo desde arriba. En busca de aquella actividad que verdaderamente estuviera a la altura de sus gallardas proporciones y lo hiciera sentirse en el cielo, llegó a ser atleta, modelo, culturista… Pero quiso dar un paso más en su afán por demostrar la deidad que llevaba dentro: se hizo vigilante de la playa; al fin, lo adorarían como se merecía cada vez que salvara a una persona.


Dicen que ayer al atardecer, cuando apenas quedaba una docena de bañistas en la costa, lo vieron caminando con decisión sobre las olas del mar de Finisterre. Todavía lo siguen buscando.


Creado para ENTC

15 jun 2016

INVERNO ETERNO / INVIERNO ETERNO


As mañás, se non chove, son perfectas para deambular polos meus recunchos favoritos da cidade e facer algunha compra superflua. Ás veces sóbrame tempo e achégome ó picadeiro, onde me esperan os rinchos emocionados de Narda porque sabe que galoparemos xuntas ladeira abaixo. As tardes invernais fanse curtas, sobre todo cando saio cos amigos para charlar ou tomar un café. O peor vén despois: a noite ábreme os ollos e péchame a imaxinación; a escuridade apodérase da alma e confundo o meu corpo insensible coa cama á que me atou para sempre aquela maldita moto.


(Imaxe procedente de internet)


Las mañanas, si no llueve, son perfectas para deambular por mis rincones favoritos de la ciudad y hacer alguna compra superflua. A veces me sobra tiempo y me acerco al picadero, donde me esperan los relinchos emocionados de Narda porque sabe que galoparemos juntas ladera abajo. Las tardes invernales se hacen cortas, sobre todo cuando salgo con los amigos para charlar o tomar un café. Lo peor viene después: la noche me abre los ojos y me cierra la imaginación; la oscuridad se apodera del alma y confundo mi cuerpo insensible con la cama a la que me ató de por vida aquella maldita moto.


                                                                                                                Creado  para REC          


7 jun 2016

EFEMÉRIDES


(Imaxe procedente de internet)
Aquel día do verán de 1945, un seis de agosto infernal, o seu marido andaba no agro. Era época de faena intensa e xornaleiros. Ela quedara soa na casa, entre pucheiros. Á volta, os traballadores atoparían unha merecida recompensa no prato.

Pero eu encargueime de desbaratar os plans. Cando a pobre muller se deu conta das miñas intencións, berrou desde a ventá pedindo axuda. Ninguén a oíu.

Os homes regresaron á noitiña, atopando a mesa baleira e á miña nai exhausta; eu reclamaba teta co cordón colgando.




Aquel día de verano de 1945, un seis de agosto infernal, su marido laboraba en el campo. Era época de faena intensa y jornaleros. Ella había quedado sola en casa, entre cacerolas. A la vuelta, los trabajadores encontrarían una merecida recompensa en el plato.

Pero yo me encargué de desbaratar los planes. Cuando la pobre mujer se dio cuenta de mis intenciones, gritó desde la ventana pidiendo ayuda. Nadie la oyó. 

Los hombres regresaron al anochecer, hallando la mesa vacía y a mi madre exhausta; yo reclamaba teta con el cordón colgando.

                                                                                                                                          Creado  para REC

6 jun 2016

TARDE, PERO MAL


Medrou dando patadas ás pedras, que facían as veces do balón anhelado. Ata que casou, non tivo o seu primeiro xoguete en propiedade.
(Imaxe procedente de internet)




Creció dando patadas a la piedras, que hacían las veces del balón anhelado. Hasta que se casó, no tuvo su primer juguete en propiedad.




1 jun 2016

ILUSIÓN


Desde a beira, ondeando un pano de papel, despediu o barco que se afastaba donoso, animado pola brisa. A bordo ían as mesmas fermosas palabras de sempre dirixidas ó seu amor secreto do outro lado da ría. Xusto antes de que o mar engulise o veleiro, froito de toda unha tarde de papiroflexia con man trémula, a noitiña piadosa, cubriuno de sombras.



(Imaxe procedente de internet)
Desde la orilla, ondeando un pañuelo de papel, despidió al barco que, animado por la brisa, se alejaba donoso. A bordo iban las mismas hermosas palabras de siempre dirigidas a su amor secreto del otro lado de la ría. Justo antes de que el mar engullera el velero, fruto de toda una tarde de papiroflexia con mano trémula, el anochecer, piadoso, lo cubrió de sombras.




18 may 2016

POLE / POLEN

(Imaxe procedente de internet)


Piñeiro en flor.
Regueiros amarelos
coa tormenta.




Pinos en flor.
Regueros amarillos
con la tormenta.



6 may 2016

TERREMOTO


(Imaxe procedente de internet)



Cando vin que o chan se abría e engulía o banco que me acababa de negar a renegociación da hipoteca, crin, por fin, na existencia de Deus. A fe duroume ata que cheguei á miña casa e a atopei convertida en cascallos.




Cuando vi que el suelo se abría y engullía el banco que me acababa de negar la renegociación de la hipoteca, creí, por fin, en la existencia de Dios. La fe me duró hasta que llegué a mi casa y la encontré convertida en escombros.



4 abr 2016

ATA AQUÍ / HASTA AQUÍ


Deixa uns puntos suspensivos tras de si. Non significan pode ser,  xa veremos..., senón tres faragullas de pan podre. Ou pingas de sangue reseco, indeleble, marcando o camiño de volta. Regresará, como noutras ocasións, cando os reproches xa non supuren e as ameazas teñan prescrito; presuntamente abducida pola mesma cantarela de sempre: bágoas e promesas falsas. Pero esta vez, levará agachado entre o medo un afiado punto final.





Deja unos puntos suspensivos tras de sí. No significan puede ser, ya veremos…, sino tres migas de pan podrido. O gotas de sangre reseca, indeleble, marcando el camino de vuelta. Regresará, como en otras ocasiones, cuando los reproches ya no supuren y las amenazas hayan prescrito; presuntamente abducida por la misma cantinela de siempre: lágrimas y promesas falsas. Pero esta vez, llevará escondido entre el miedo un afilado punto final.

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   Creado  para REC

2 abr 2016

SALVADA


(Imaxe procedente de internet)


Despois de tantos anos de endocrinos e nutricionistas, de balón gástrico e pastillas, de ximnasio e libros de autoaxuda, ao fin chegou a solución: o paro. Está convencida de que foi a súa profunda fe na forza do destino.





Después de tantos años de endocrinos y nutricionistas, de balón gástrico y pastillas, de gimnasio y libros de autoayuda, al fin llegó la solución: el paro. Está convencida de que ha sido su profunda fe en la fuerza del destino.


27 mar 2016

EPITAFIO


Imaxe procedente de internet (editada)

Funme para que viñésedes.



Me fui para que vinierais.

19 mar 2016

NOVELA CON FINAL TRISTE


Líasme por dentro, en voz baixa, capítulo a capítulo. Eu, confiada, pasábache as follas. Ata o final. Agora que xa non hai misterio, como te aburro, cámbiasme por outra historia. Crin coñecerte e só sabía o teu nome.




Me leías por dentro, en voz baja, capítulo a capítulo. Yo, confiada, te pasaba las hojas. Hasta el final. Ahora que ya no hay misterio, como te aburro, me cambias por otra historia. Creí conocerte y sólo sabía tu nombre.



7 mar 2016

GOLPE DE EFECTO


(Imaxe procedente de internet)




Serán só cen palabras. Ou quizais menos. As mínimas necesarias para darche as grazas pola túa axuda de onte á noite. Ese último empurrón foi decisivo. Sen el, non sería capaz de levar a cabo o que tanto tempo desexei. Xa empezo a notar os efectos. Non deixes que a nosa filla me vexa, descubriría as túas marcas no meu rostro. Xúralle que foi un infarto.







Serán solo cien palabras. O quizás menos. Las mínimas necesarias para darte las gracias por tu ayuda de anoche. Ese último empujón fue decisivo. Sin él, no sería capaz de llevar a cabo lo que tanto tiempo he deseado. Ya empiezo a notar los efectos. No dejes que nuestra hija me vea, descubriría tus marcas en mi rostro. Júrale que fue un infarto. 

                                                                                                                                   Creado  para REC

4 mar 2016

ISLAMOFOBIA


Queimaron os cabalos da baralla, de raza árabe.

(Imaxe procedente de internet)
Quemaron los caballos de la baraja, de raza árabe.


3 mar 2016

TALLE DE NESPRA / TALLE DE AVISPA

  
Aínda convalecente, sintonizou cada un dos espazos informativos en busca da noticia. Devorou teletextos, xornais, redes sociais dos máis diversos medios de comunicación... Nin a mínima referencia ó seu caso. Non contaba desprazar dos titulares a marea política que todo o invadía, nin tampouco que afondasen no tema; pero xamais puido imaxinar a nula repercusión do seu vídeo de youtube gravado en quirófano, desastre incompatible coa necesidade de visitar algún estudio de televisión remunerado. A ver agora como paga a factura da clínica onde deixou as costelas flotantes… ¡Á merda o futuro prometedor!




(Imaxe procedente de internet)
Todavía convaleciente, sintonizó cada uno de los espacios informativos en busca de la noticia. Devoró teletextos, periódicos, redes sociales de los más diversos medios de comunicación... Ni una mínima referencia a su caso. No contaba desplazar de los titulares la marea política que todo lo invadía, ni tampoco que profundizaran en el tema; pero jamás pudo imaginar la nula repercusión de su vídeo de youtube grabado en quirófano, desastre incompatible con la necesidad de visitar algún plató remunerado. A ver ahora cómo paga la factura de la clínica donde ha dejado las costillas flotantes… ¡A la mierda el futuro prometedor!

                                                         Creado para la 2ª ronda de LA COPA de ENTC


27 feb 2016

DE ARRIBA ABAIXO / DE ARRIBA ABAJO


(Imaxe procedente de internet)

Buscou na internet a información e materiais necesarios para facer a súa propia casa. Empezouna polo tellado e levoulle toda a vida alcanzar os cimentos. Entón, decatouse de que chegara a hora de retellar. Pero xa non tivo forzas para subir.





Buscó en Internet la información y materiales necesarios para hacer su propia casa. La empezó por el tejado y le llevó toda la vida alcanzar los cimientos. Entonces, se dio cuenta de que había llegado la hora de retejar. Pero ya no tuvo fuerzas para subir.


23 feb 2016

TÁPAME



(Imaxe procedente de internet)

Si, fun eu. Non quixeches ver o berro desesperado dos meus ollos sen brillo nin o medo crónico ás túas ausencias. Moitas veces, camuflaches a miña tristeza con caprichos desmedidos; outras, acusáchesme inxustamente de filla estraña e introvertida. Por iso te desprezo, case tanto como os seus contactos lascivos dos que non soubeches protexerme. Acepto que lle regales bágoas e sepultura ao teu querido esposo  ̶ xa non me obrigarás a chamalo papá ̶ cunha condición: que sexas a miña encubridora, a coartada precisa. Só así poderemos chegar a perdoarnos.





Sí, he sido yo. No quisiste ver el grito desesperado de mis ojos sin brillo ni el miedo crónico a  tus ausencias. Muchas veces, camuflaste mi tristeza con caprichos desmedidos; otras, me tildaste injustamente de hija extraña e introvertida. Por eso te desprecio, casi tanto como sus contactos lascivos de los que no supiste protegerme. Acepto que le regales lágrimas y sepultura a tu querido esposo   ̶ ya no me obligarás a llamarlo papá ̶  con una condición: que seas mi encubridora, la coartada precisa. Sólo así podremos llegar a perdonarnos.

                                                                                                 
                                                                                             Creado para la 3ª ronda de LA COPA de ENTC

22 feb 2016

PARTIDA ATRASADA / PARTIDA RETRASADA



Cada vez que lle falaba do último sobre rexeitado, a moza conseguía tranquilizalo con suposicións peregrinas que el parecía crer. Todos volvían coa mesma cantilena estampada: destinatario descoñecido. Así levaban varios meses; empeñouse en contactar con cada un dos seus amigos e compañeiros de xogos. Aseguraba o pobre ter algo importante que comunicarlles, e que non emprendería a viaxe ata logralo. Ela mesma escribía ó ditado as cartas do seu avó nonaxenario. Despois, inventaba os enderezos antes de botalas ó correo.


(Imaxe procedente de internet)

Cada vez que le hablaba del último sobre rechazado, la joven conseguía tranquilizarlo con suposiciones peregrinas que él parecía creerse. Todos volvían con la misma cantinela estampada: destinatario desconocido. Así llevaban varios meses; se había empeñado en contactar con cada uno de sus amigos y compañeros de juegos. Aseguraba el pobre tener algo importante que comunicarles, y que no emprendería el viaje hasta lograrlo. Ella misma escribía al dictado las cartas de su abuelo nonagenario. Luego, inventaba las direcciones antes de echarlas al correo.

                                                                                                                                          Creado  para REC

21 feb 2016

SUICIDA CRÓNICO


(Imaxe procedente de internet)

Probou a morte e fíxose adicto.






Probó la muerte y se hizo adicto.