POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

1 nov 2024

2 DE NOVEMBRO / 2 DE NOVIEMBRE

 

As rúas son moi estreitas para tantos visitantes. Ademais paran a ler e a circulación retárdase. Estou doente! A ver se nos deixan en paz dunha vez. Menos mal que diante deste mármore ninguén se detén; foi unha gran idea non querer epitafio. 

Imaxe de internet (editada)

Las calles son muy estrechas para tantos visitantes. Además paran a leer y la circulación se ralentiza. ¡Estoy rabioso! A ver si nos dejan en paz de una vez. Menos mal que delante de este mármol nadie se detiene; fue una gran idea no querer epitafio.


No hay comentarios: