POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

7 jun 2016

EFEMÉRIDES


(Imaxe procedente de internet)
Aquel día do verán de 1945, un seis de agosto infernal, o seu marido andaba no agro. Era época de faena intensa e xornaleiros. Ela quedara soa na casa, entre pucheiros. Á volta, os traballadores atoparían unha merecida recompensa no prato.

Pero eu encargueime de desbaratar os plans. Cando a pobre muller se deu conta das miñas intencións, berrou desde a ventá pedindo axuda. Ninguén a oíu.

Os homes regresaron á noitiña, atopando a mesa baleira e á miña nai exhausta; eu reclamaba teta co cordón colgando.




Aquel día de verano de 1945, un seis de agosto infernal, su marido laboraba en el campo. Era época de faena intensa y jornaleros. Ella había quedado sola en casa, entre cacerolas. A la vuelta, los trabajadores encontrarían una merecida recompensa en el plato.

Pero yo me encargué de desbaratar los planes. Cuando la pobre mujer se dio cuenta de mis intenciones, gritó desde la ventana pidiendo ayuda. Nadie la oyó. 

Los hombres regresaron al anochecer, hallando la mesa vacía y a mi madre exhausta; yo reclamaba teta con el cordón colgando.

                                                                                                                                          Creado  para REC

2 comentarios:

arktos-temis dijo...

Marcando el terreno desde el principio, je je.
Abrazo, Noz.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Moitas grazas.