POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

1 jun 2016

ILUSIÓN


Desde a beira, ondeando un pano de papel, despediu o barco que se afastaba donoso, animado pola brisa. A bordo ían as mesmas fermosas palabras de sempre dirixidas ó seu amor secreto do outro lado da ría. Xusto antes de que o mar engulise o veleiro, froito de toda unha tarde de papiroflexia con man trémula, a noitiña piadosa, cubriuno de sombras.



(Imaxe procedente de internet)
Desde la orilla, ondeando un pañuelo de papel, despidió al barco que, animado por la brisa, se alejaba donoso. A bordo iban las mismas hermosas palabras de siempre dirigidas a su amor secreto del otro lado de la ría. Justo antes de que el mar engullera el velero, fruto de toda una tarde de papiroflexia con mano trémula, el anochecer, piadoso, lo cubrió de sombras.




No hay comentarios: