POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

16 sept. 2015

VODAS DE OURO / BODAS DE ORO


Leva varios días desaparecido. Foise de casa ao amencer, sen avisar. Non levou documentación nin cartos. Tampouco deixou ningunha nota. Buscando pistas, a súa esposa anciá botou en falta unha navalla e un cesto. Isto tena relativamente tranquila. Cando lle preguntan por el, di que está de viaxe; pero non a cren, nunca antes o fixera. Os veciños empezan a mirala mal. Ela reza para que chova dunha maldita vez e poida regresar antes do aniversario. Imaxina o agasallo que lle traerá. Sempre tan orixinal! Terá que facerse a sorprendida, coma de costume…











Lleva varios días desaparecido. Se fue de casa al amanecer, sin avisar. No llevó documentación ni dinero. Tampoco dejó nota alguna. Buscando pistas, su anciana esposa ha echado en falta una navaja y un cesto. Esto la tiene relativamente tranquila. Cuando le preguntan por él, dice que está de viaje; pero no la creen, nunca antes lo había hecho. Los vecinos empiezan a mirarla raro. Ella reza para que llueva de una puñetera vez y pueda regresar antes del aniversario. Imagina el regalo que le traerá. ¡Siempre tan original! Tendrá que hacerse la sorprendida, como de costumbre…


No hay comentarios: