POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

7 sept. 2015

LIXO CON VIDA / BASURA CON VIDA


(Imaxe baixada de internet)

Ó abrir o colector do lixo decatouse de que empezaba a esquecer o nome das cousas. Falláronlle as pernas e derrubouse. Alí a encontraron os traballadores do servizo de limpeza, desfalecida e ensanguentada. Non soubo darlles explicacións. A carón dela, había unha bolsa que choraba.




Al abrir el contenedor se dio cuenta de que estaba empezando a olvidar el nombre de las cosas. Le fallaron las piernas y se desplomó. Allí la encontraron los trabajadores del servicio de limpieza, desfallecida y ensangrentada. No supo darles explicaciones. A su lado había una bolsa que lloraba.

                                                                                                                                               Creado  para REC


5 comentarios:

Juan Antonio dijo...

Buen comienzo Edita. Directo y a la yugular. El curso acaba de empezar, mucho ánimo y suerte para el siguiente (que no veas con la frasecita). :)

Alfonso Carabias dijo...

Que buen comienzo Edita. En la ficción el buen uso de las palabras dan lugar a muy buenas historias, a cual más inverosímil. Este es un buen ejemplo de ello.

Me gustó.

Suerte para esta temporada.

Saludos.

Miguel jiménez salvador dijo...

Para levantarse hay que caer.

Abrazo, Noz, y suerte.

LA CASA ENCENDIDA dijo...

Me ha gustado mucho ese final. La bolsa llorando deja de piedra.
Besicos muchos.

Edita dijo...

Moitas grazas ós catro, moi amables.