POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

6 abr 2015

SEDUCIÓN / SEDUCCIÓN



A cada volta do tambor da lavadora, aumenta a súa excitación e vaise aproximando. Pouco a pouco, atrévese a rozala, mesmo a acaricia intermitentemente. A máquina non cesa, e os movementos del, tampouco: afástase, achégase, tócaa, míraa, sóbaa...; todo menos magoala. Parece que a súa intención sexa introducirse nela, descubrir se a quentura externa provén dun interior máis cálido aínda. Rodéaa, ponse enriba, inspecciona cada posible entrada... Rendido, coma sempre, regresa ao seu coxín de gato mimado e dorme, arrolado pola nana mecánica. O centrifugado pillarao soñando coa súa amada de aceiro. 


(Imaxe baixada de internet)

A cada vuelta del tambor de la lavadora, aumenta su excitación y se va aproximando. Poco a poco, se atreve a rozarla, incluso la acaricia intermitentemente. La máquina no cesa, y los movimientos de él, tampoco: se aleja, se acerca, la toca, la mira, la soba...; todo menos lastimarla. Parece que su intención sea introducirse en ella, descubrir si la tibieza externa proviene de un interior más cálido aún. La rodea, se pone encima, inspecciona cada posible entrada... Rendido, como siempre, regresa a su cojín de gato mimado y se duerme, arrullado por la nana mecánica. El centrifugado lo pillará soñando con su amada de acero.

                                                                                                                                    Creado para REC 


6 comentarios:

arktos-temis dijo...

Uaah! Noz. Me encanta, qué buen juego. Digno de haber estado esta tarde en las ondas.
Abrazos.

arktos-temis dijo...

Me encanta Noz, que tenga unos muy felices sueños eléctricos, je je.
Abrazos.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Lástima que ti non foses o xurado... :-) Grazas.

Juan Antonio dijo...

Muy bien reflejado ese pensamiento gatuno. Me ha encantado, y me ha recordado mucho a la gata que convivió conmigo durante casi un año. Me parece una idea muy bien lograda. Mucha suerte :)

Edita Nogueira Tallón dijo...

Moitísimas grazas.

Rascacheira dijo...

Encantoume. E tamén a imaxe!