POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

20 abr. 2015

UN E DÚAS / EL UNO Y LAS DOS


                (Imaxe baixada de internet)




A intención de seguir sendo só amigos, despois do impulso de efusividade viril controlado con dificultade por reticencias femininas, durou xusto o tempo que ela tardou en descubrir que o mozo tiña noiva. Dende entón, perségueo, sedúceo, ámao, ódiao... El déixase querer e ocúltallo á súa parella.





La intención de seguir siendo sólo amigos, después del impulso de efusividad viril controlado a duras penas por reticencias femeninas, duró justo el tiempo que ella tardó en descubrir que el chico tenía novia. Desde entonces, lo persigue, lo seduce, lo ama, lo odia... Él se deja querer, a espaldas de su pareja.


                                                                                                                       Creado  para REC                                                                   


9 comentarios:

Miguel jiménez salvador dijo...

En la trastienda de las relaciones, je je.

Pues está bien visto, Noz.

Abrazos.

Edita dijo...

Moitas grazas.

@lorenzodrubio dijo...

No se rinde esa chica. Nada de amigos aquí a saco :)

Edita dijo...

Moitas grazas.

Eva García dijo...

Que tendrá lo prohibido...
Seguiremos intentando seducir al jurado de REC. Un abrazo Edita.

Edita dijo...

Seguiremos, palabra de noz. :-)
Moitas grazas.

LA CASA ENCENDIDA dijo...

Si es que cuando algo lo tenemos difícil o prohibido..., como la manzana de Adan y Eva.
Suerte par ala próxima.
Besicos muchos.

Juan Antonio dijo...

Pues me has recordado una anécdota pero quizás es demasiado larga para ponerla por aquí. Desde luego subraya hasta la última coma de tu micro. Mucha suerte :)

Edita dijo...

Nada novo baixo o Sol. :-)
Moitas grazas.