POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

20 abr 2015

¡QUE ALIVIO! / ¡QUÉ ALIVIO!


(Imaxe baixada de internet)

A rúa metíame medo e había tempo que non saía de casa. Oín un disparo e asusteime. Cando me decatei de que fora a miña pistola na miña sen, xa quedei moito máis tranquilo.





La calle me daba miedo y hacía tiempo que no salía de casa. Oí un disparo y me asusté. Cuando me di cuenta de que había sido mi pistola en mi sien, ya me quedé mucho más tranquilo.



2 comentarios:

Rascacheira dijo...

Hai un tempiño que non paso por aquí e algunha vez que pasei non comentei. Hoxe véxome na necesidade de facelo porque xa levo dous ou tres micros lidos nos que falas do suicidio. Menuda teima co tema! Son bos. Moi bos. Pero estes días necesitaría algo máis ... florido!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Grazas por pasar por aquí. Vale máis que busques por etiquetas. Hai unha que é HUMOR GRIS MARENGO. :-)