POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

13 abr 2015

DESQUITE


Procuraba non perder suxeitándolle as nádegas á súa compañeira. Antes era ela a protagonista, a que recibía máis aplausos. Agora a súa misión consistía en loitar ata a extenuación por un posto digno para o grupo. Dignidade que non é a súa dende que rubricou con bágoas a súa continuidade forzada, en prol dun patriotismo presuposto. Ninguén lle preguntou se estaba preparada para vivir sen gloria ou deixar un noivo polo camiño. Pero hoxe brillará de novo: finalizada a actuación, sen a molesta pinza do nariz e coa súa técnica depurada, deixará encher os pulmóns de auga no fondo da piscina olímpica.


(Imaxe baixada de internet)


Procuraba no perder sujetándole las nalgas a su compañera. Antes era ella la protagonista, la que recibía más aplausos. Ahora su misión consistía en luchar hasta la extenuación por un puesto digno para el grupo. Dignidad que no es la suya desde que rubricó con lágrimas su continuidad forzada, en aras de un patriotismo presupuesto. Nadie le preguntó si estaba preparada para vivir sin gloria o dejar un novio por el camino. Pero hoy brillará de nuevo: finalizada la actuación, sin la molesta pinza de la nariz y con su técnica depurada, dejará llenar los pulmones de agua en el fondo de la piscina olímpica. 

                                                                                  
                                                                                            
                                                                                   Creado  para REC                                                                   

9 comentarios:

Alfonso Carabias dijo...

Esta muy bien plasmado en el relato toda esa tensión que supone ser un deportista de exito y poco después ir perdiéndolo, que no debe ser fácil.

Buen texto Edita.

Suerte para la próxima.

Luisa R. Novelúa dijo...

Que historia, máis dura, Edita. Ten que ser moi difícil a decadencia dun/ha deportista de elite, e comprobar como veñen detrás outros a ocupar o teu posto. Aínda que a decisión sexa drástica, neste caso seguro que volverá ser protagonista da competición. Gústame. Unha aperta.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Moitas grazas, Alfonso e Luisa.

Unknown dijo...

Me gusta el sendero por el que ha girado tu imaginación para construir una historia a partir de esa frase. Buen micro, y duro. Un abrazo, Edita, Noz.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Moitas grazas, Eva, un honor.

@lorenzodrubio dijo...

Jooooopé qué final, en la preselección cayó seguro, no antes. Saludos, Edita.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Moi amable, moitas grazas.

Juan Antonio dijo...

Me ha gustado mucho por la idea que trabaja, lo bien que lo plasmas (el precio de estar en lo más alto en las competiciones deportivas y qué viene después) y ese final que cierra tan bien el círculo. Mucha suerte :)

Edita Nogueira Tallón dijo...

Moitísimas gracias, moi amable.