POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

28 sept. 2014

FLORES MURCHAS / FLORES POCHAS


Deberías airearte un pouco, levas demasiados días encerrado. Xa sabes que se pasas moito tempo inactivo, as articulacións reséntenseche. ¿Lembras o que che custou volver a camiñar despois da operación? ¡Que te vas acordar!, ultimamente a memoria… ¿Sabías que a nena está empeñada en levarme ó médico? A min quen me preocupa é ela; está rarísima, di que acabará en Alemaña coma tododiós. ¿Ti escóitasme? Ás veces teño a sensación de estar falando soa. Será mellor que me vaia; faise tarde e o vixiante quere pechar. Que descanses ben. Mañá tráioche crisantemos frescos.

 (Imaxe baixada de internet)














Deberías airearte un poco, llevas demasiados días encerrado. Ya sabes que si pasas mucho tiempo inactivo, las articulaciones se te resienten. ¿Recuerdas lo que te costó volver a caminar después de la operación? ¡Qué te vas a acordar!, últimamente la memoria… ¿Sabías que la niña está empeñada en llevarme al médico? A mí quien me preocupa es ella; está rarísima, dice que acabará en Alemania como todo Dios. ¿Tú me escuchas? A veces tengo la sensación de estar hablando sola. Será mejor que me vaya; se hace tarde y el guardián quiere cerrar. Que descanses bien. Mañana te traigo crisantemos frescos.


Creado para REC



No hay comentarios: