POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

7 sept. 2014

A PREZO DE OURO / A PRECIO DE ORO


Unha compañeira do traballo, sabedora da súa afección micolóxica, invítaa á súa finca onde, segundo ela, hai cogomelos dabondo. Coma unha tola, bótase á estrada na procura da terra prometida. Efectivamente, hai moitas; aínda que a maioría, inservibles. De súpeto, aparece un can enorme con moi malas intencións; o dono, menos mal, consegue retelo a tempo. Asustada, regresa inmediatamente co cesto case baleiro, pensando en esquecer a experiencia o antes posible. Ás dúas semanas, a notificación dunha avultada multa de tráfico lémbralle aquela viaxe. ¿A como lle sairía o gramo de fungo?




Una compañera de trabajo, sabedora de su afición micológica, la invita a su finca donde, según ella, hay setas en cantidad. Como una loca, se echa a la carretera en busca de la tierra prometida. Efectivamente, hay muchas; aunque la mayoría, inservibles. De repente, aparece un enorme perro con muy malas intenciones, cuyo dueño, menos mal, consigue retenerlo a tiempo. Asustada, regresa inmediatamente con el cesto casi vacío, pensando en olvidar la experiencia cuanto antes. A las dos semanas, la notificación de una abultada multa de tráfico le recuerda aquel viaje. ¿A como le habrá salido el gramo de hongo?




No hay comentarios: