POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

19 ene. 2014

POST MÓRTEM


(Imaxe baixada de internet)


A alma sangraba tanto 
que salpicou ó forense.







El alma sangraba tanto 
que salpicó al forense.





6 comentarios:

suaseiras dijo...

Uff, imaxínate con bata branca...

Madoé dijo...

Aínda que sexa con verde...

carnota dijo...

BRUTAAAALLL!

Sinto contradecirte. Eu non penso que a alma estea aí. Pero non teño outra proposta. Ando niso.

Madoé dijo...

Por favor, cando atopes a solución, avisa. Quedo expectante.

carnota dijo...

Non desesperes. É un asusto delicado.
Por certo, se o auténtico corazón fora tan chulo coma ese seguro que estaría acubillada nel; pero entre a cava, a aorta e os latexos non hai sosego posible.

Madoé dijo...

O dito: mira que estás profunda ultimamente...