POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

31 ene. 2014

ESTRÁÑOTE / TE EXTRAÑO


Espérote, búscote, rógoche…
Boto en falta o teu placebo
xarope de bágoa e mel.
Escatímasme as palabras,
ata agora o meu consolo.
(Imaxe baixada de internet)
Rexéitasme sen pudor.
Déixasme soa e espida
diante da fría verdade.
¿Por que me negas as rimas,
traidora inspiración?



Te espero, te busco, te imploro…
Echo en falta tu placebo,
jarabe de lágrima y miel.
Me escatimas las palabras,
hasta ahora mi consuelo.
Me rehúyes sin pudor.
Me dejas sola y desnuda
ante la fría verdad.
¿Por qué me niegas tus rimas,
traidora inspiración?



Finalista no concurso VERSOS EN EL AIRE II e publicado no libro homónimo



8 comentarios:

suaseiras dijo...

Aínda así, tes sempre onde botar man.
Moi boa.

Madoé dijo...

Ooooh, gazas, grazas.

carnota dijo...

Ti pensa en pintores coma Miró que non encontraban a rima e, despois de moito insistir, e ver que non lle viña, deixouno de intentar. Alguén arrítmico, cando mirou o primeiro cadro, suspirou satisfeito ó ver que alguén se acordase del e doutros coma el.

Madoé dijo...

A verdade é que non entendo nada, pero mira que che quedou bonito, eh!!!! :-)

carnota dijo...

Editiña. Con rima ou sin rima hai gustos para todo.

Madoé dijo...

¡Ai que a que non entendiches fuches ti! O das rimas era en sentido figurado, referíame a inspiración poética en xeral.

rascacheira dijo...

Perfecta a imaxe do papel en branco!

Madoé dijo...

E mira ti por onde o papel en branco tróuxome un libro ben chulo con tódals páxinas escritas. :-)