POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

9 dic 2013

DE SOÑO A PESADELO/ DE SUEÑO A PESADILLA


 (Imaxe baixada de internet)
“Durmiu soñando que el tamén podía voar” e espertou entre as pólas dunha árbore. Alí leva tres días coas súas noites sen atreverse a baixar, porque non  ve as ás por ningún lado e non está seguro de saber agatuñar coma antes. Loita con tódalas súas forzas contra a fame e o cansazo. Se puidese, polo menos, botar unha cabezadiña tranquilo…, pero ten medo a soñar de novo. Esperaba que alguén o rescatase, aínda que empeza a dubidalo, porque xa quedou sen voz de tanto miañar...


“Se durmió soñando que él también podía volar” y se despertó entre las ramas de un árbol. Allí lleva tres días con sus noches sin atreverse a bajar, porque no se ve las alas por ningún lado y no está seguro de saber trepar como antes. Lucha con todas sus fuerzas contra el hambre y el cansancio. Si pudiera, al menos, echar una cabezadita tranquilo…, pero tiene miedo a soñar de nuevo. Esperaba que alguien lo rescatara, aunque empieza a dudarlo, porque ya se ha quedado sin voz de tanto maullar...
Feito para RELATOS EN CADENA, de Cadena Ser



7 comentarios:

suaseiras dijo...

Vai ter que baixar...

Edita Nogueira Tallón dijo...

Iso ou caer...

rascacheira dijo...

E se atopa as ás???

Edita Nogueira Tallón dijo...

O máis probable... ¿Pero onde se veu un gato con ás...?

Sandra Sánchez dijo...

Hola Madoé! lo primero darte las gracias por tu visita a mi blog y por las palabras tan amables que me has dejado en él, aunque creo que no se merecen de ninguna manera...lo que estoy viendo aquí en tu blog me gusta mucho (no lo digo por decir, es la verdad). Yo no sé nada, sólo escribo lo que siento en cada momento y sin forzarme a ello, sin pretensiones de nada (sólo faltaba!), simplemente porque me gusta y me hace feliz.
Veo que tú también participas en los Relatos en Cadena de la Ser...me encantan!
Este del gato me ha gustado mucho, por su ternura, me ha resultado muy entrañable y me han dado ganas de ir corriendo a salvar a ese gatín...jeje....
Me gusta participar, ganar o no es lo de menos para mí (aunque claro, haría ilusión), me ayuda a pensar y a intentar hacer algún micro, a veces salen a veces no...pero bueno seguimos ahí intentándolo.
Pues nada, seguiré mirando tu blog detenidamente y me alegro de que nos hubiéramos encontrado. Enlazo tu blog en el mío para poder estar al tanto más fácilmente de lo que vas publicando.
Un saludo, gracias de nuevo y Feliz 2014!!

Pd. se agradece que pases tus textos también al castellano (aunque me entero más o menos en gallego, es un descanso para mí poder leer el castellano, gracias ;) )Estamos cerca!! jeje...

Sandra Sánchez dijo...

;)

Edita Nogueira Tallón dijo...

Eu tamén me alegro de ternos atopado. Vese que viaxamos polos mesmos camiños. Eu tamén uso os concursos para espabilar a inspiración, que ás veces ponse preguiceira.
Pois nada, a seguir camiñando. E non me deas as grazas, foi un auténtico pracer. Encántame que che guste algo do que escribo.