POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

21 dic. 2013

SUCEDÁNEO



(Imaxe baixada de internet)






Entre moitas latas, había unha que brillaba de máis.

Marca: Nadal
Contido: sucedáneo de felicidade
Ingredientes: ledicia artificial, agasallos e edulcorante
Caducidade: artículo perecedoiro, consumo inmediato







Entre muchas latas, había una que brillaba de más.

Marca: Navidad
Contenido: sucedáneo de felicidad
Ingredientes: alegría artificial, regalos y edulcorante
Caducidad: artículo perecedero, consumo inmediato




8 comentarios:

rascacheira dijo...

Pero mira como beben los peces en el río...!!!
Sabías que os peixes de río non beben? Só o fan os de mar. Curiosidades de la vida animal...

rascacheira dijo...

http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=X-30kvNuZYg
Mi canción no es del cielo, las estrellas, la luna... porque a ti te la entrego que no tienes ninguna... mi canción no es tan solo de quien pueda escucharla porque a veces el sordo ...

Madoé dijo...

Silvio Rodríguez si que sabe contar...

Madoé dijo...

¿E logo os do mar si? ¿E non lles dá moita sede a auga con tanto sal?

suaseiras dijo...

Os do mar si, os do río teño entendido que transpiran a auga ó través da súa pel, creo...

Hai tantos datos para cambiar a historia, e non hai maneira, che.

rascacheira dijo...

Xacto, Suaseiras!

rascacheira dijo...

Creo que deberías facer un apartado máis: MALDITO NADAL!

Madoé dijo...

Pode... :-)