POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

14 dic. 2013

NADAL SEN REMEDIO / NAVIDAD SIN REMEDIO


(Imaxe baixada de internet)

Sempre de noite
igual dentro ca fóra.
Chegou o Nadal.








Siempre de noche
por dentro y por fuera.
Llegó Navidad.


4 comentarios:

rascacheira dijo...

25 de diciembre Fun fun fun

Madoé dijo...

Menos fun, menos fun... É de noite, tamén por dentro, :-(

suaseiras dijo...

A imaxe é moi fun,fun...

Madoé dijo...

Vexo que vos entendedes moi ben no idioma fun. :-)
Daquela aproveito para dicir que a imaxe non é fun, é unha chuvia de estrelas, e escollina precisamente porque non era fun... Vaia por Deus, non atinei moito. :-(