POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

5 dic 2013

BILLETE DE IDA


Como fai sempre que sae de viaxe, revisa a casa enteira unha e mil veces ata asegurarse de que a deixa en perfecta orde. Esta vez esmérase aínda máis, porque a ocasión ben o merece. Nunca antes viaxara acompañado, pero chegou o momento. Desde hai uns meses, aínda que ninguén o sabe, comparte con ela os días e as noites, mesmo a ten presente nos seus soños. Levan algunhas semanas organizándoo todo; non vaia ser que calquera pequeno fallo desbarate os plans, co difícil que foi consensuar data, lugar e maneira. Volve dar outro repaso á lista por se falta algún detalle: a roupa, a neveira, o gas, as plantas, as mensaxes de despedida... Resúltalle estraño non preparar a maleta e ten que reprimir o impulso. Xa está próxima a hora da partida. Decidido e emocionado, diríxese ó seu cuarto onde ela o agarda impaciente sobre a cama acabada de facer, dentro dunha pistola cargada.

(Imaxe baixada de internet)

Como hace siempre que sale de viaje, revisa la casa entera una y mil veces hasta asegurarse de que la deja en perfecto orden. Esta vez se esmera especialmente, porque la ocasión lo merece. Nunca antes había viajado acompañado, pero ha llegado el momento. Desde hace unos meses, aunque nadie lo sabe, comparte con ella los días y las noches, incluso la tiene presente en sus sueños. Llevan algunas semanas organizándolo todo; no vaya a ser que cualquier pequeño fallo desbarate los planes, con lo difícil que ha sido consensuar fecha, lugar y manera. Vuelve a dar otro repaso a la lista por si falta algún detalle: la ropa, la nevera, el gas, las plantas, los mensajes de despedida... Le resulta extraño no hacer la maleta y tiene que reprimir el impulso. Ya está próxima la hora de partida. Decidido y emocionado, se dirige a su dormitorio donde ella lo espera impaciente sobre la cama recién hecha, dentro de una pistola cargada.

Creado para  ESTA NOCHE TE CUENTO

2 comentarios:

Asun dijo...

Hola, te visito desde Esta noche te cuento, tu relato es muy triste, y tan bien contado que nos llenas de angustia al ir leyéndolo.
Me gustaría que en el camino a la habitación, algo le hiciera cambiar de opinión y no emprendiera ese viaje.
Un abrazo. Asun.

suaseiras dijo...

Luminoso viaxe.