POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

31 dic 2013

A PERFECCIÓN NON EXISTE / LA PERFECCIÓN NO EXISTE



O ano que remata foi perfecto. Namorouse, atopou traballo, conseguiu unha boa hipoteca, cambiou de coche… Pero ten unha preocupación que lle quita o sono: non sabe que pedir para o próximo.


(Imaxe baixada de internet)



El año que termina ha sido perfecto. Se enamoró, encontró trabajo, consiguió una buena hipoteca, cambió de coche… Pero una preocupación le quita el sueño: no sabe que pedir para el próximo.





7 comentarios:

vitolosa@gmail.com dijo...

Hola Madoe, te vi por ENTC y me he pasado por tu blog.
Me gusta mucho, y te agradezco que lo tengas tanto en gallego como en castellano.
De todas formas a mi me encanta el gallego, y procuraré leerte y así intentar saber qué dices, para después al leer tu traducción ver en qué he acertado. UN abrazo. Virtudes Torres.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Aproveitando que che gusta o galego, vouche dar as grazas neste idioma, a ver se me entendes. :-)

Tamén eu pasei polo teu blog e gustoume moito. Vexo que compartimos aficións, incluso é posible que algún libro (ACEN) e presinto que non debemos andar moi lonxe de dedicarnos á mesma profesión.

vitolosa@gmail.com dijo...

Hola de nuevo, te diré que no nos dedicamos a la misma profesión porque yo sólo soy ama de casa.
Pero casi, porque mi hija si es maestra, si has pasado por mi Google+ habrás visto que tengo cosas compartidas de La Divina Biblioteca es un blog que hizo mi hija para su colegio. Divina Pastora.
Y en cuanto a lo que has contestado creo que lo he entendido todo. Un abrazo.

vitolosa@gmail.com dijo...

Hola de nuevo Madoé.
Te he entendido todo, todo.
Yo en esto de los concursos de los micro llevo poco tiempo y estoy en la antología de dos libros "Porciones del alma" y "Bocados sabrosos III" en cuanto a mi profesión sólo soy ama de casa. Pero te diré que casi aciertas, mi hija mayor es maestra.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Pois xa que me entendes, sigo en galego.
Si,si, xa vin o conto de Mari Sabidilla, moi gracioso, e tíñame toda a pinta de ser escrito por alguén relacionado coa escola. Claro, era fácil que me confundira, tiñas a culpable na casa... :-)
Eu teño cousiñas publicadas en tres ou catro antoloxías de ACEN, pero dá a casualidade que ningunha coincide coa túa.

suaseiras dijo...

Miña querida Madoé, descolocoume o DESCLASIFICADO este. Iso significa que me segues sorprendendo.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Ja ja ja... Pois xa ten mérito que che sorprenda algo a estas alturas. ¡Que ben! Iso significa que aínda es nova, miña querida Suaseiras.