POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

30 ene. 2013

PARADOXO / PARADOJA


(ACRÍLICO SOBRE PAPEL, de Carmen López)


Cando a xuventude corre, e a vellez, tan afastada, se achega coa présa do medo. Cando ós vinte e cinco anos xa te sentes vella porque es máis nena ca nunca e non queres deixar de selo. Cando o amor é tan forte que te amarra e non fas nada por librarte. Cando desexas vivir sempre e xa viviches un ano de sempre… Cando estás máis viva, sentes máis próxima a morte.






Cuando la juventud corre, y la vejez, tan lejana, se acerca con la prisa del miedo. Cuando a los veinticinco años ya te sientes vieja porque eres más niña que nunca y no quieres dejar de serlo. Cuando el amor es tan fuerte que te amarra y no haces nada por liberarte. Cuando deseas vivir siempre y ya has vivido un año de siempre... Cuando estás más viva, sientes más próxima la muerte.


6 comentarios:

suaseiras dijo...

… Cando estás máis viva, sentes máis próxima a morte.

Quedei cavilando.Será que cando pensas na morte, queres sentirte moi viva...??
Paradoxo!!

Madoé dijo...

Non sei... A miña intención era dicir que cando vives intensamente, cando es consciente de que podes perder esa nova sensación de plenitude, temes podela perder en calquera momento. Claro que para pensar así, hai que ter un xen retorcido. Tranquila, a ti non che pasará... Ja ja ja.

Eutimos dijo...

Gracias por utilizar mi imagen de la mujer zen.

Madoé dijo...

Así que zen... O tema non vai por aí, pero a imaxe gústame moito e por iso a puxen. Grazas a ti.

Madoé dijo...

Vaia esta imaxe como homenaxe e recordo da miña amiga virtual Carmen López, que tanto ben me fixo nestes case dous anos de relación a distancia. Este blog quedará coxo sen os seus comentarios.

Desde esa outra dimensión onde te atopes, ilumíname o camiño, como facías en vida coas túas sabias explicacións.

suaseiras dijo...

Síntoo moito.
Dende a outra dimensión, xa non é igual....Botareina en falta.