POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

11 ene. 2013

AUSENCIA


Habito na escuridade.
Camiño desorientada
entre a néboa, que me envolve.
Respiro negra ausencia;
aliméntome de pena,
que me enche, que me afoga.
Vivir é un duro traballo;
razoar, un esforzo inútil.
Non podo máis ca pensar
no que foi e non será.
(Imaxe baixada de internet)
Non atopo acougo nas bágoas
nin a saída do inferno,
porque xa non me alumean
eses teus ollos serenos.
Desde que non me acompañan
eses olliños de mel,
deixou de xirar o mundo,
deixei de avanzar con el.



Habito en la oscuridad.
Camino desorientada
entre la niebla, que me envuelve.
Respiro negra ausencia;
me alimento de tristeza,
que me llena, que me ahoga.
Vivir es un duro trabajo;
razonar, un esfuerzo inútil.
No puedo más que pensar
en lo que fue y no será.
No encuentro calma en las lágrimas
ni salida del infierno,
porque ya no me iluminan
esos tus ojos serenos.
Desde que no me acompañan
esos ojitos de miel,
dejó de girar el mundo,
dejé de avanzar con él.


(Creado para  A FESTRA DA PALABRA)

6 comentarios:

Eutimos dijo...

¡Tan lleno de nostalgia, tan triste, tan estremecedor en tu voz!
Pero no entiendo lo de "didactico".

Madoé dijo...

Sabía que non se entendería... Explícome: foi feito para un festival que leva a cabo tódolos anos o meu marido no colexio cos alumnos da ESO. Necesitaba un poema no que aparecese unha expresión en concreto e saíume isto. Como foi feito para a escola, por iso esa etiqueta. Se cadra, despois dun tempo, cámbiolla.
Grazas.

suaseiras dijo...

Xa que se menciona o etiquetado, ás veces, téñome fixado e preguntado: Por que esta etiqueta...?? Pero claro, como cada un ou unha lle damos a interpretación que nos peta....

Un susurro de ausencia!
Moi chulo.

Madoé dijo...

Estás feita unha poeta: "susurro de ausencia", que ben che quedou... :-)

suaseiras dijo...

O de "susurro" ía polo recitado.
O do "poeta", deixocho a ti.

Madoé dijo...

Xa, xa, pero aínda así é poético o que dis. A poesía pode estar en moitos sitios, non só nunha reste de liñas cortadas en "finas lonchas", como dixo alguén.