POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

5 jul 2012

EDITIÑO 5


Para aprender a vivir
empreguei cincuenta anos.
Para comprender a morte
inda que volva a nacer
non me chega
con outra vida enteira.



(Imaxe baixada de internet)




Para aprender a vivir
empleé cincuenta años.
Para comprender la muerte
aunque yo vuelva a nacer
no me llega
con otra vida entera.








4 comentarios:

Eutimos dijo...

La humanidad lleva siglos intentando comprenderla. Sólo se consigue inventar nuevos mitos.

rascacheiro dijo...

Creo que estiven demasiado tempo "fóra" (este findecurso matoume!)Así que hoxe repasei o non lido, o perdido... Hai cousas que me encantan, cousas que me sorprenden e cousas que me alegran (reencontros, polo que vexo). Tamén hai outras que me entristecen, por exemplo este haiku, pero o certo é que aí está...

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Que fartura de comentarios, rascacheira, un pracer. Pero a ver se imos distinguindo os haikus dos editiños, eh... :-(

suaseiras dijo...

Non te queixes se despois de 50 anos aprendiches a vivir+ noraboa!

Simpática a imaxe ;))