POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

9 jul. 2012

C´EST LA VIE



Hai uns meses que conseguiu a soñada hipoteca de por vida, que lle permitiría independizarse dos coidados asfixiantes da mamá e, sobre todo, dos ronquidos estridentes do pai. Levaba anos soportando as bromas que as súas olleiras e bocexos provocaban cada mañá entre os compañeiros de traballo. Agora, a situación cambiou. Vive só, como anhelaba; come ou non come o que lle peta; pon os vaqueiros sen pasarlles o ferro; entra e sae ó seu antollo... ¡Pero segue insomne! Na vivenda contigua, unha familia con cadelo hiperactivo, manteno esperto ata pouco antes de que soe o despertador. Debe madrugar para trasladarse desde o seu  apartamento da periferia ata a oficina na capital, preto da casa dos vellos. E foron en balde as conversas cos veciños, as ameazas e as denuncias, incluso. Ó animal prodúcelle estrés o cambio de hábitos, disque...

(Imaxe baixada de internet)
Hoxe tomou unha drástica decisión: pasar a mellor vida. Pero antes farase doador de órganos. Quere irse coa sensación de ter feito algo ben neste mundo.






Hace unos meses que consiguió la soñada hipoteca de por vida, que le permitiría independizarse de los cuidados asfixiantes de la mamá y, sobre todo, de los ronquidos estridentes del padre. Llevaba años soportando las bromas que sus ojeras y bostezos provocaban cada mañana entre sus compañeros de trabajo. Ahora, la situación ha cambiado. Vive solo, como anhelaba; come o no come lo que le da la gana; se pone los vaqueros sin planchar; entra y sale a su antojo… ¡Pero sigue insomne! En la vivienda contigua, una familia con perrito hiperactivo lo mantiene despierto hasta poco antes de que suene el despertador. Debe madrugar para trasladarse desde su apartamento de la periferia hasta la oficina en la capital, cerca de la casa de los viejos. Y de nada han valido las conversaciones con los vecinos, las amenazas y las denuncias, incluso. Al animal le produce estrés el cambio de hábitos, dicen…

Hoy ha tomado una drástica decisión: pasar a mejor vida. Pero antes se hará donante de órganos. Quiere irse con la sensación de haber hecho algo bien en este mundo. 



6 comentarios:

Eutimos dijo...

¡Como en casa de mamá en ninguna parte!.

Madoé dijo...

Bueno..., non sempre.

Rascacheira dijo...

E non podías buscar outro culpable???!!!
Despois collen mala fama e non hai quen alugue un piso se levas contigo un cadeliño, aínda que non sexa hiperactivo!!! GRRRRR!!!!!!!!!!!!

Madoé dijo...

Se o culpable non é o cadelo, senón os donos, os propietarios, que como o seu nome indica, crense donos ou propietarios dun can como se fose unha cousa e méteno a vivir nun sitio non apropiado para un coma ese, por exemplo.

Rascacheira dijo...

Non, non... un cadeliño sempre vivirá mellor cos seus donos aínda que estea incómodo nun pequeno apartamento ou saia menos do que lle apetece...

suaseiras dijo...

Ía pensando, mentras lía, que lle quedaba un telediario ó can (perdoa Rascacheira).

Tamén hai cadelos hiperactivos!??
Bueno, nun apartamento non me extraña nada.