POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

16 may 2012

VIDA



(Imaxe baixada de internet)
A vida pasa
a fume de carozo
¡Sopra e que arda!




La vida arde
como estopa al viento.
¡Sopla y que abrase!




5 comentarios:

Eutimos dijo...

Muy pirómana estás, amiga. Cuidado, cuidado...

Edita Nogueira Tallón dijo...

Non tanto... Foi unha encarga da amiga Rascacheira para unha actividade do club de lectura que dirixe. Que che explique ela cando lea isto.

suaseiras dijo...

Coa tradución ó castelán, parece que perde sentimento.

Está xenial o haiku á galega.

Non teño maneira de facebukelealo sen comentarios...:(

Edita Nogueira Tallón dijo...

Así que a ti tamén che gusta o lume... Ja ja ja.

Si, ás veces coas traducións pasa iso, sobre todo se é poesía e te empeñas en conservar a métrica.

Pois non teño idea de como podes facer co facebook, non controlo ese medio, xa sabes. Pero heino intentar, xa che contarei.

rascacheiro dijo...

Pois aí vou:
Fomos visitar os avós e avoas de Laraxe e de paso pois... os rapaces e rapazas do CL representáronlles unha obriña de teatro, contáronlles uns contos, recitaron poemas... e este haiku -tan apropiado para a ocasión- foi un, recitado por Brais -un encanto de rapaz de 4º ESO-. Houbo de todo: risas, choros, alegría, bo humor, recordos, conversas e ... ata baile e comida final!
Como recordos deixamos, entre outros, un libriño de poesía escrito por Madoé. Alí quedou para a posteridade, porque pensamos voltar dentro de 20 anos e ler as lembranzas que alí deixamos no seu "Banco de recordos".
Pois iso.