POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

29 mar 2012

TOLERANCIA


(Imaxe baixada de internet)
Teño un avó no estranxeiro
que hai ben tempo que non vexo.
Teño un veciño chileno
que me saúda en galego.
Teño unha amiga na aula
á que  chaman Inmigrante.
Teño un mestre de guitarra
que naceu fóra de España.
Teño vivencias abondo
para ser máis tolerante.





Tengo un abuelo extranjero
que hace tiempo que no veo.
Tengo un vecino chileno
que me saluda en gallego.
Tengo una amiga en el aula
a la que llamo Inmigrante.
Tengo un profe de guitarra
que nació fuera de España.
Tengo vivencias de sobras
para ser más tolerante.



5 comentarios:

carnota dijo...

Tolerancia a deste can orelludo que acubilla a ese gatiño oportunista.

Eutimos dijo...

Es un tópico, pero cierto, la diversidad enriquece

Edita Nogueira Tallón dijo...

Este poemiña tan sinxelo e, sobre todo, tan simple foi feito adrede para un cativo que quería recitar e non daba aprendido outros máis complicados.

Carnota, como che presta a convalecencia, que ben che funciona a cabeza... A este blog vénlle de marabilla, ja ja ja.

suaseiras dijo...

Os gatiños buscando os mellores sitios, e mira ti, o cadelo nin se inmuta...,que doado parece!!

A Carnota, sempre lle funciona ben a cabeza :))

Edita Nogueira Tallón dijo...

Pois si...