POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

20 mar. 2012

PRIMAVERA



(Imaxe baixada de internet)

Mil estreliñas
abrollaron no campo.
¡Ven, primavera!






Mil estrellitas
brotaron en el campo.
¡Ven, primavera!


6 comentarios:

Eutimos dijo...

Para mi, hoy fue un día de primavera.

Rascacheira dijo...

Que estación tan bonita, verdade? Tanta luz, tantas cores, olores...

Eutimos: que sigan os días primaverais!

Madoé dijo...

...tanta abstemia, tanto cansazo, tanto pole, tanta alerxia...

carnota dijo...

Non pode ser todo tan perfecto, pero isto aproxímase á idea que eu teño da perfección, a pesar do que dis MADOÉ

suaseiras dijo...

S.O.S.,necesito chuvia!!!!!!!

Madoé dijo...

Súmome á rogatoria!